Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 09 Agosto 2017 21:39 Última modificação em Sábado, 19 Agosto 2017 23:25

Imigrantes: ovelhas em terra de lobos

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Migraçons / Fonte: Sermos Galiza

[Cheikh Faye] O primeiro que sentimos é medo. Nunha situación como a que acaban de vivir inmigrantes sen papeis en Ourense parece lóxico.

É un medo razoable porque poden ser expulsados ou mesmo ir presos se cometeron algún delito aínda que non fosen conscientes de que estaban infrinxindo a lei. En xeral, un sen papeis está desorientado o que os converte en vítimas fáciles de todo tipo de estafadores. Teñen unha necesidade urxente de conseguir traballo, porque precisan comer e porque precisan dun contrato para ter a tarxeta de residencia e beneficiarse dos dereitos correspondentes.

Se, como parece neste caso, o estafador é un cargo público, investido de toda a respectabilidade dunha alcaldía, con relacións sociais e medios económicos abundantes, é lóxico que os sen papeis confíen nel e na súa boa vontade.

A policía di que tres inmigrantes (dous senegaleses e un colombiano) realizaron diferentes traballos para o alcalde de Xunqueira de Ambía e para algúns familiares deste sen estar contratados nin recibir salario, a única compensación era o alugueiro dun piso e comida. A policía denunciou os feitos ao xuíz, achegando probas. Pero a investigación dos axentes non comezou por unha presunta irregularidade no traballo dos inmigrantes, se non polo seguimento a un deles tras un matrimonio cunha moza da zona. A vixilancia estaba sobre eles. No caso do alcalde, supoñíase que estaba cumprindo as leis.

Non é este un caso illado. Sucede todos os días. Eu mesmo coñezo a varios inmigrantes (a maioría subsaharianos, pero tamén algún latinoamericano) que foron estafados por un home que lles facilitaba contratos de traballo a cambio de diñeiro. O obxectivo deles era conseguir a tarxeta de residencia. No mundo actual, pobres e ricos, inmigrantes ou non, están habituados a saltarse as leis. Para chegar a Europa moitos deses africanos xa pagaron cartos ás mafias que os transportan. Non é estraño que, unha vez en Europa, sigan pensando que todo é cuestión de cartos. Aquí tamén hai quen o pensa. O problema, no caso dos inmigrantes, é que aquí hai unhas leis feitas contra eles.

Un sen papeis é unha persoa psicoloxicamente vulnerable polo seu descoñecemento do medio social no que se move e polas súas propias urxencias (comer, ter un teito, un traballo, un contrato, acadar un status legal). É unha presa fácil. E hai xente que se aproveita e consigue explotalos. Son persoas deshonestas, sen valores humanos. Pódese esperar de algunha xente, pero non de un representante público, dos encargados de actuar para mellorar a vida de todas e todos. É un mal uso da política por parte de políticos que se serven da xente no canto de servila.

Moitas veces somos ovellas en terra de lobos. Somos conscientes das inxustizas que sufrimos, pero o medo e a prudencia aconséllannos non denunciar. Se as leis fosen outras, se as fixésemos nós…

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar