A operación cleptocrática que supuxo o “agasallo” por parte do governo civil do Pazo de Meirás ao dictador Francisco Franco ten detrás unha auténtica historia de latrocinio de propiedades privadas e patrimonio artístico e de terror represivo. A operación política de regalarlle unha residencia de verán ao “Generalísimo” (algo que obedecía aos intereses das élites locais afectas ao rexime franquista) pagouna o povo, e portanto a titularidade sobre o edificio e a finca que puidese alegar a familia Franco na actualidade, é ilexítima.
A “subscripción popular” coa que se sufragou a operación non se fixo se non a base de confiscacións de bens e retencións salariais, foi portanto un roubo que só se enmenda coa expropiación forzosa. Consideramos un auténtico insulto que vaia ser a Fundación Francisco Franco a entidade que agora xestione o inmoble e que este sexa utilizado para engrandecer a figura dun golpista xenocida. Apoiaremos en consecuencia todas as iniciativas para reivindicar a devolución ao povo e a xestión pública do Pazo de Meirás.