Ademáis desenvolveremos un Acto Público Reivíndicativo ás 13 h. na zona dos Cantóns, despois dunha Manifestación polas rúas máis centricas da cidade, para facer visible a realidade da inmigración entre a cidadanía, o Acto contará con actuacións musicais e perfomance teatral e rematará coa Lectura dun Manifesto.
Convocamos ao conxunto da cidadanía a este Acto para amosar a solidariedade con este colectivo de persoas, conveciñas nosas, que teñen os seus dereitos gravemente recurtados e que mesmo son perseguidas nas nosas vilas e cidades.
Despois dun xantar compartido, pola tarde celebraremos a Asemblea Anual do Colectivo, aberta a participación de calquera persoa ou colectivo interesada que analizará o labor desenvolvido, incluíndo a promoción e activa participación na Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.
As persoas interesadas en participar poden contactar mandando un mail Este endereço de email está sendo protegido de spambots. Você precisa do JavaScript ativado para vê-lo. ou contactar telefónicamente
Santiago: 662 307 019 Miguel
A Coruña: 607 486 482 Rubén
Lugo: 645 213 555 Randi
Ferrol: 680 922 151 Susana
Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/203544790039435/