As/os inspectores faramacéuticos explican que segundo a normativa actual, as praias nas que se detecte unha calidade de auga insuficiente durante 5 anos, son excluídas automaticamente do censo oficial de zonas de baño. Isto implica a prohibición permanente do baño, e a obriga das autoridades sanitarias de informar ás/aos bañistas desta prohibición, mediante os correspondentes carteis informativos. Igualmente, no caso de verteduras, contaminacións de curta duración ou situacións anómalas, as autoridades sanitarias teñen a obriga de informar á poboación.
Por iso advirten do risco que supón o baño nestas praias contaminadas, que seguen a ser frecuentadas polos bañistas con total normalidade. Ademais, afirman que a maioría destas praias “non contan cos preceptivos carteis que indiquen a prohibición do baño, polo que os usuarios descoñecen os graves riscos aos que están expostos”.
Os Farmacéuticos Inspectores, en folga indefinida dende o 18 de maio, para reivindicar melloras na xestión da sanidade ambiental, critican a “pasividade” da Xunta de Galicia na xestión e mellora destas zonas de baño, e desaconsellan o baño en todo caso.
Así, o pasado día 1 de xuño, no acto de entrega das bandeiras azuis, que tivo lugar na praia de Bastiagueiros do concello de Oleiros, as/os inspectoras/es protagonizaron unha entrega simbólica de “bandeiras negras” para as praias con calidade insuficiente, e que, por non estar correctamente sinalizadas, seguen a ser utilizadas habitualmente polos bañistas. As praias consideradas merecedoras destas “bandeiras negras” foron as seguintes:
| PROVINCIA DE A CORUÑA | |
| CONCELLO | NOME DA PRAIA |
| Arteixo | Ría de Barrañán |
| Bergondo | Regueiro |
| Boiro | Peralto |
| Camariñas | Camelle |
| Camariñas | Area da Vila |
| Cee | A Concha |
| Fene | Barallobre |
| Ferrol | A Cabana |
| Ferrol | Caranza |
| Fisterra | Sardiñeiro |
| Oleiros | Santa Cruz Porto |
| Pontedeume | Centroña |
| Pontedeume | Ver |
| Sada | Delicias |
| PROVINCIA DE LUGO | |
| CONCELLO | NOME DA PRAIA |
| Burela | Penaoural |
| Cospeito | Porto |
| Fonsagrada | Naraxa |
| Monforte de Lemos | Río Cabe |
| Pobra do Brollón | Río Saa |
| Pontenova | Río Eo |
| Quiroga | Conceado |
| Quiroga | Soldón |
| Ribas de Sil | San Clodio |
| PROVINCIA DE OURENSE | |
| CONCELLO | NOME DA PRAIA |
| A Bola | Río Orille (Área Recreativa A Bola) |
| Allariz | Acearrica |
| Os Blancos | Río Eiroa |
| Lobios | Os Baños Riocaldo |
| Ourense | A Chavasqueira |
| Verín | Pazos |
| Verín | Vilela |
| Vilardevós | Río Arzoá |
| PROVINCIA DE PONTEVEDRA | |
| CONCELLO | NOME DA PRAIA |
| Bueu | Banda do Río |
| Bueu | Agrelo |
| Mondariz | O Val |
| Ponteareas | As Partidas |
| Pontevedra | Rio Lerez |
| Redondela | Arealonga |
| Redondela | Cabanas |
| Ribadumia | Pontearnelas |
| Sanxenxo | Nanín |
| Valga | Vilarello |
