O vindeiro domingo 19 tocaba celebrar a 30ª Marea Branca, pero nesta ocasión a cambiamos para o sábado 18, e decidimos que tiñamos que estar en Compostela xunto ás profesionais, usuarias e cidadanía en xeral de toda Galicia, para amosarlle a Feijoo o noso rexeitamento ante o destrozo que esta a provocar na nosa sanidade pública. Imos celebrar a nosa 30ª Marea Branca manifestándonos polas calles de Compostela con outros colectivos que tamén pensan que a nosa sanidade pública está en perigo e que só unha sanidade 100% pública pode garantir a nosa saúde. Xuntas e xuntos poderemos deter a bola da destrución da nosa sanidade. Se non a detemos o pagaremos coa nosa saúde.
As persoas que formamos parte de Acampada Contra a Pobreza de Vigo, Alternativa dos Veciños, Asociación de Pacientes do C.H.U.S., ATTAC Coruña, o sindicato CGT de Galicia, o sindicato COBAS, a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública A Coruña, Corrente Vermella, o sindicato CUT, a Fronte Cívica de A Coruña, GalizAmbulancia, Asociacion Cultural “Lar de Unta” de Betanzos, as Marchas da Dignidade de Galicia, o sindicato PROSAGAL, PROSERSO, o sindicato SAGAP, S.O.S. Meixoeiro e VAMOS! GALICIA concluímos que, ante o destrozo e o ataque que está a sufrir a nosa sanidade pública, tanto polos gobernos central e autonómico, como pola patronal integrada en ASPE e as multinacionais que compoñen a Fundación IDIS, é necesaria unha resposta inmediata e contundente de toda a cidadanía galega para tratar de frear esta destrución controlada e programada do noso sistema sanitario.
Por isto facemos un chamamento a tódalas organizacións sociais, políticas, sindicais e a toda a cidadanía a que se unan a esta mobilización.
AUTOBUSES:
A Coruña
Saída 15:45 horas
– Praza da Palloza
– Casa das Palmeiras en Cambre
Contacto: 622279445
Ourense:
Saída: 15:00 Parque de San Lázaro
Contacto: 608942621
Pontevedra
Saída 16.00 horas Pavillón dos Deportes
Contacto 639857238
VIGO
15:10 MEIXOEIRO
15:15 CUNQUEIRO
15:30 PRAZA ESPANA TF. 657 302 473
PONTEAREAS
14:30 PAVILLÓN DE DEPORTES
LUGO
TF. 638 835 372
A intención da Xunta de Galicia de reformar a Lei de Saúde desbaratando 4 áreas sanitarias, e convertendo a milleiros de cidadáns en “pacientes de segunda” dando entrada de xeito oficial ao sector privado no eido da investigación e da formación na saúde, reducindo a participación nos consellos de saúde de colectivos sociais, a aprobación do decreto de tempos máximos de espera que consolida e garante o traspaso de fondos da sanidade pública á privada, as medidas extremas en recorte de persoal e un aumento insostible da precariedade laboral, o peche sostido de camas e unidades enteiras, o abandono do plan de mellora da atención primaria, a privatización de servizos da sanidade que seguen a pasar a mans privadas... son elementos moi graves que merecen unha rotunda e clara resposta por parte da sociedade.
Queremos que sexa unha mobilización de todas e todos, de tódolos colectivos que loitan pola defensa dunha sanidade 100% pública, de todo o conxunto da sociedade galega, para que o noso berro se escoite en toda Galicia.
Neste momento é precisa máis que nunca a unidade de todas e todos.