Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 15 Novembro 2017 21:12 Última modificação em Domingo, 19 Novembro 2017 01:35

Fórum Feminista reclama retirada de campanha da Junta da Galiza polo 25 de novembro

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Mulher e LGBT / Fonte: Diário Liberdade

Reproduzimos o comunciado divulgado pola plataforma feminista em resposta à campanha apresentada pola Junta para o 25 de novembro, Dia contra a Violência Machista.

O FORO FEMINISTA FALANDO NÓS EXIXE A RETIRADA INMEDIATA DA CAMPAÑA QUE PRESENTOU O GOBERNO DA XUNTA PARA CONMEMORAR O 25N COMO DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Victoria Diéguez “o que nos está matando é, precisamente, esta falta total de intención de afrontar o problema da violencia machista máis alá de denuncialo publicamente, de un xeito denigrante ademáis, ou facer minutos de silencio o pe dos edificios institucionais”

(Ourense 13 de novembro de 2017) Dende o Foro Feminista Falando Nós, esiximos a retirada d “campaña” presentada pola Xunta de Galicia para conmerar un día de reivindicación contra a Violencia que se exerce contra as Mulleres. A “campaña” apóiase nun cartaz digno de toda crítica, onde se conmina a poboación a que debe protexer ás mulleres por ser o máis grande de Galicia, nun formato que ben recorda á publicidade de xoguetes onde o obxecto anunciado carece de entidade mais aló da súa exposición para disfrute de quen o anhela.

Nesta imaxe amósanse mulleres en actitude pasiva, mostrándose cara o ollo de quen mira, e cosificadas xunto a elementos arquitectónicos que caracterizan alguna das cidades da nosa comunidade. De novo facendo fincapé na vítima e nunca no maltratador.

Unha vez máis o Goberno do PP reafírmarse na súa inexistente intención de formarse, e formar, en materia de violencia contra as mulleres e en feminismo, mostrando una rancia ignorancia, e recollendo todos os estereotipos que o feminismo quere eliminar da conceptuación da identidade feminina, que nos situou onde estamos: ano 2017 con 67 mulleres asasinadas, segundo as estatísticas das Asociacións de mulleres.

“Dende o Foro Feminista Falando Nós, consideramos que verdadeiramente o que nos está matando é, precisamente, esta falta total de intención de afrontar o problema da violencia machista máis alá de denuncialo publicamente, de un xeito denigrante ademáis, ou facer minutos de silencio o pe dos edificios institucionais”, manifestaba Victoria Diéguez, presidenta do Foro.

Por outra banda, a falta de coñecemento da posición que ocupamos as mulleres na nosa sociedade, e do modo en cómo o ocupamos, é dende logo, unha das causas de que aínda nos extrañe que en plena era dixital as mulleres sigan morrendo incluso cando xa alertaran ao sistema xudicial do que lles está pasando . Todo isto a pesares das tantas “inversións” institucionais que se supoñen , partidas orzamentadas, servizos de atención as victimas, cursos de formación, etc...

“Non, non nos debe de extrañar, porque, se este é o xeito que ten o noso goberno de educar a sociedade, é certo que a regresión non é unha falacia feminista, como se dí, se non que é unha mortal realidade. 13 anos despois dunha lei que conceptuou a violencia contra as mulleres como un problema de estado, foron asasinadas 68 mulleres e 8 crianzas a mans dos asasinos cos que convivían así como 22 crianzas que quedan orfas”, sentenciou a presidenta.

Grazas Xunta, con campañas como esta, o problema está resolto.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar