Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 16 Janeiro 2018 18:04 Última modificação em Sexta, 19 Janeiro 2018 15:34

'SOS Saúde Pública' convoca mobilizaçom contra a política de demantelamento da saúde pública polo PP

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Saúde / Fonte: CIG

Atribúe os colapsos das Urxencias aos recortes, ás privatizacións e á mala xestión.

Representantes da plataforma SOS Sanidade Pública compareceron esta martes en rolda de prensa para anunciar a convocatoria de concentracións comarcais para o vindeiro día 24 de xaneiro e unha manifestación nacional en Compostela para o día 4 de febreiro, ás 12:00 horas, con saída da Alameda. A plataforma denuncia a política de recortes, privatizacións e a mala xestión do Partido Popular, alerta das graves consecuencias que isto ten para garantir unha atención de calidade e chama a todas as usuarias e usuarios a defender o sistema sanitario público galego.

Segundo explicaron, as mobilizacións estaban xa previstas antes de que se produciran os graves colapsos que sofren os servizos de urxencias nestas datas. Colapsos que atribuíron precisamente “á política sanitaria do PP” que chamaron a combater.

Unha política por mor da que se pecharon, desde o ano 2009, un total de 790 camas nos hospitais, segundo estima a AGDSP, e que debilitou a estrutura de Atención Primaria.

Atención Primaria

A este respecto sinalaron que os cupos en primaria son de en torno a 1.600 doentes na periferia das cidades e que máis do 50% teñen cupos superiores a 1500 “pola ausencia de creación de prazas e a perda progresiva de persoal”.

Denunciaron ademais a falta de cobertura de ausencias de todo o persoal, con bloqueo de axendas, ou contratación na maioría dos casos por 3 horas. Isto xunto cunha perda progresiva de presuposto xa que, tal e como sinalaron, para 2018 a porcentaxe total é do 13% que é, en Vigo, dun 11% e en Santiago e A Coruña dun 12%, cando a recomendación internacional é dun 25%.

Para SOS Sanidade Pública hai tamén unha ausencia de estrutura directiva, ao perder entidade propia, sendo subalterna dos obxectivos sanitarios hospitalarios.

Decreto para financiar a sanidade privada

As e os representantes de SOS Sanidade Pública alertaron tamén do incremento das listas de espera e dos efectos perversos do ‘Decreto de tempos máximos de espera’, en vigor desde o 10 de xaneiro, co que o PP pretende combatelo.

“É, directamente, unha fonte de financiamento da sanidade privada”, denunciaron, porque a/o doente non pode elixir xa que “se rexeita a oferta de centro que se lle fai desde a sanidade pública perde o dereito ao tempo máximo garantido”. De feito, o propio decreto di que “o exercicio do dereito de garantía de tempos máximos prevalece sobre o dereito de libre elección”.

Ademais, o centro ofertado pode ser en calquera lugar do territorio galego e se non se lle oferta un centro público ou concertado a/o paciente pode decidir pagalo con dereito a reembolso. “Isto será posible só para quen dispoña dos cartos para pagar previamente”, advertiron.

En todo caso, os tempos máximos só están garantidos nos casos de cancros, patoloxía cardiovascular grave, desprendemento de retina e hidrocefalia, polo que “o resto terán que seguir esperando”, aseguraron.

Política de privatizacións

SOS Sanidade Pública denunciou tamén as privatizacións, tanto no relativo a concesións, como no hospital de Vigo, como no que se refire a sectorización privada, como POVISA, ou á concertación sanitaria e externalizacións.

Mais tamén outras formas máis agochadas de introdución do negocio e os intereses privados na sanidade pública como o procedemento de compra innovadora con financiamento da investigación para empresas privadas; o control da investigación e a formación dos médicos pola industria farmacéutica; o procedemento de adquisición tecnolóxica público-privado do diálogo competitivo ou a introdución de empresas privadas na xestión do servizo como medtronic en cardioloxía.

Contra o Proxecto de Modificación da Lei Galega de Saúde

Coas mobilizacións convocadas SOS Sanidade Pública quere manifestar tamén o seu rexeitamento ás modificacións que o PP pretende introducir na Lei de Saúde. Modificacións coas que se reduce a atención dos hospitais comarcais ao centralizar servizos nas cabeceiras de provincia, eliminando as áreas sanitarias da Mariña, Monforte, O Barco e O Salnés, o que suporá perda de autonomía, capacidade de planificación sanitaria e recursos propios. “Pode ser que teñan recursos ambulantes que vaian desde a capital de provincia pero non serán propios do hospital”, advertiron.

Xunto a isto aseguraron que se reducen as posibilidades de participación social na sanidade, na avaliación da xestión e dos obxectivos sanitarios, limitándose a información e asesoramento.

Denunciaron que consolida o modelo de xestión das EOXI, ligado ao hospital e que sitúa a atención primaria de modo subalterno, dirixindo o sistema cara un “modelo hospitalocentrista orientado á enfermidade e non á promoción da saúde, que escapa da prevención da enfermidade e de incidir nos determinantes de saúde”. Precisamente a estratexia que pode asegurar a sostibilidade da sanidade pública e que mellores resultados dá en saúde.

Denunciaron ademais que consolida a presenza dos intereses privados na investigación pública e na docencia.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar