Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 21 Março 2018 00:12 Última modificação em Domingo, 25 Março 2018 21:03

Convocam concentraçom solidária com o povo curdo hoje em Vigo

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Direitos nacionais e imperialismo / Fonte: Mar de Lumes

Este dia 21 de março há concentraçom solidária com o povo curdo às 20 horas no Marco (VIGO).

Turquía, co segundo maior exército da OTAN e da man de miles de mercenarios islamistas fortemente armados, está a bombardear e tentar ocupar a rexión de Afrin (norte de Siria), para continuar a súa limpeza étnica contra o pobo curdo.

Xa houbo miles de víctimas mortais, feridas e desprazadas, a maioría civís.

O pasado 10 de febreiro, o voluntario galego Samuel Prada León ("Baran Galicia") morría como consecuencia dun bombardeo turco. Viaxara a Siria para loitar contra o ISIS e agora estaba apoiando a resistencia curda contra a invasión turca e islamista.

Na súa memoria e na de todas as víctimas da barbarie terrorista que segue a golpear o pobo curdo e a todos os demais pobos de Siria, chamamos a sair á rúa en Vigo contra o ataque das tropas de Erdoğan.

PAREMOS A INVASIÓN TURCA DE AFRÍN
VIVA A RESISTENCIA DO POBO CURDO!

Desde o pasado 20 de xaneiro, o estado turco, con toda a potencia militar do que segundo maior exército da OTAN e da man de miles de mercenarios islamistas fortemente armados, está a bombardear masivamente e a tentar ocupar a rexión de Afrin (ao noroeste de Siria), para dar continuidade tamén fóra das súas fronteiras á política de limpeza étnica contra o pobo curdo que practica desde hai décadas.

Como consecuencia desta ofensiva imperialista xa houbo centos de víctimas mortais e miles de persoas feridas e desprazadas, a maioría civís. Afrin é unha das poucas zonas de Siria que viviu unha relativa tranquilidade desde o comezo da guerra, o que lle permitiu acoller a centos de miles de persoas refuxiadas doutras zonas de Siria que agora tamén están ameazadas por este ataque.

O ataque das tropas de Erdo?an e as bandas islamistas ao seu servizo pretende reforzar o debilitado papel turco na crise Siria, na que desde o comezo foi un dos principais patrocinadores do terrorismo, apoiando o ISIS, Al Qaeda e outros grupos integristas como os que agora utiliza na súa nova guerra de ocupación. Ademais, a ofensiva tenta tamén acabar con un proxecto sociopolítico emancipador que supuxo o recoñecemento da igualdade de dereitos dos diferentes pobos e comunidades relixiosas que conviven no norte de Siria (curdos, árabes, turcomanos, asírios, musulmáns, cristiáns, iazidis, etc.)

En particular, preténdese acabar co proceso de emancipación das mulleres que avanzou imparábel a todos os niveis nos últimos anos. Boa mostra disto son os miles de mulleres que, a pesar das bombas e as ameazas, saíron á rúa na cidade de Afrin neste 8 de marzo, ou a gran cantidade de milicianas que en primeira liña de combate están a facer frente á invasión. O omnipresente berro de "Jin - Jiyan - Azadi" (“muller - vida - liberdade”) é o melhor antídoto contra o proxecto de morte, patriarcado e escravitude que o ataque imperialista prentede imporlles.

Ante isto, as potencias internacionais e os diversos actores rexionais colaboran ou consinten sen rubor na ocupación dun país soberano por parte dun destacado membro da OTAN e aliado estratéxico da UE, institución que unha vez máis se situa do lado dos inimigos dos pobos.

O pasado 10 de febreiro, soubemos que o voluntario galego Samuel Prada León (alias "Baran Galicia") morría como consecuencia dun bombardeo turco. Viaxara a Siria para loitar contra o Estado Islámico e agora estaba apoiando a resistencia curda contra a invasión turca e islamista.

Na súa memoria e na de todas as víctimas da barbarie terrorista que segue a golpear o pobo curdo e a todos os demais pobos de Siria, xuntámonos hoxe aquí para denunciar este ataque e os seus cómplices, entre eles o Estado Español, e reafirmamos a nosa solidariedade internacionalista coa resistencia que lle fai fronte e que sabemos que, tarde ou cedo, acabará por vencer.

Abaixo o imperialismo! Viva a loita dos pobos!

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar