Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 22 Junho 2016 17:27

STEG avalia a "Ordem de Avaliaçom" da Conselharia de Educaçom

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Língua/Educaçom / Fonte: STEG

O STEG (Sindicato de traballadoras e traballadores do Ensino de Galiza), en relación á publicación o pasado venres 10 de xuño no DOG da Orde de avaliación para o alumnado de Primaria (unha normativa chea de contradiccións que demostra as mentiras que a Administración veu difundindo a conta das reválidas), quere manifestar que:

-Esta orde, no seu artigo 2, recolle que "A avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado será continua e  global, e terá en conta o seu progreso no conxunto das áreas e na adquisición das competencias clave", o cal é un principio admitido por toda a comunidade educativa, e que debería rexer todo o proceso de avaliación. En diferentes escritos publicados polo STEG insistimos en que as reválidas son todo o contrario desa avaliación continua, global eformativa, xa que a calificación do alumnado depende dunha única proba que,segundo a LOMCE a debería realizar e avaliar persoal externo ao centro  e non foi o caso.

Porén, no artigo 6.2 que fala da promoción de curso e etapa, indícase que "Os informes das avaliacións individualizadas de terceiro curso de  educación primaria e de final de educación primaria teranse en conta", e no artigo 11.1 tamén sinala que estas mesmas reválidas constitúen un documento de avaliación válido. É  dicir, que unha proba que non vai contar na notamedia pode ser  determinante á hora de se unha alumna ou alumno pode repetir curso. 

No STEG queren lembrar que durante o pasado mes de maio viñeron advertindo do pernicioso desta proba, pero bombardeouse a diario dende a Xunta, ben na prensa, ben mediante a páxina da Consellería de Educación utilizada como propaganda, con declaracións acerca de que as reválidas non ían influír no expediente académico ou na nota media, polo que as familias deberían tranquilizarse polo seu resultado.
No STEG seguen mantendo que para detectar dificultades no alumnado e mellorar a calidade do ensino público non son precisas as reválidas que con tanto empeño defenden. Sería moito máis efectivo aumentar os cadros docentes, sobre todo no profesorado de apoio, para poder reducir as ratios (a manipulación do dato da ratio máis baixa do estado daría para outro documento), e para que as titoras e titores, que son quen realmente poden coñecer e avaliar ao alumnado, poidanatender moito mellor as dificultades que detecten ao longo do curso.
Por todo isto e máis, dende o STEG esixen á Consellería:
-Que modifique a Orde de avaliación de primaria para que non recoñeza as reválidas como instrumento de avaliación nin como criterio para a promoción de curso e etapa.
-Que os resultados das reválidas levadas a cabo durante este curso non se comuniquen aos centros nin ás familias, polos efectos tremendamente perniciosos que poderían ter sobre a decisión da promoción ou non do alumnado.
-Que se eliminen as reválidas previstas para o curso que vén, tal e coma fixeron outras comunidades, tendo en conta o incerto panorama electoral e lexislativo que terá lugar nas próximas datas
-Que, dunha vez por todas, revirta os recortes en materia de persoal e reduza as ratios asi como o gasto da realización das probas, para que o profesorado teña unha maior capacidade real para detectar,  corrixir e prever as dificultades que o alumnado poida ter na adquisición das competencias,  coidando especialmente a atención á diversidade, contribuíndo a reequilibrar a desigualdade social, non a perpetuala.
Por último, a  Consellería, di o STEG, imcumpre a normativa do Ministerio de Xustiza  no tocante ao recoñecemento dos diversos tipos de familias, cando nos anexos para pedir os datos dos proxenitores fala de pai e nai e non de Proxenitor A e proxenitor B tal e como se di na orde (JUS/568/2006). Se o Ministerio de Xustiza xa pide que para realizar as inscricións se nomee deste xeito moito máis respectuoso para a diversidade familiar, a Xunta dez anos despois, desoíndo esta lexislación, aínda fala de pai/nai.
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar