Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 05 Julho 2016 16:16

Voluntariado ambiental: eliminando invasoras e cuidando a ilha de Sálvora

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Adega

ADEGA organiza xunto co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia un campo de voluntariado ambiental que se celebrará os días 5, 6 e 7 de xullo. O lugar escollido para esta nova actuación é a illa de Sálvora no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Esta iniciativa continúa os traballos de eliminación de EEI iniciados en 2015 así como as tarefas de estudo e mantenemento das charcas e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza. 

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia é un espazo natural cun importante valor para a conservación da biodiversidade, é por iso que é un dos dous Parques coa denominación Marítimo – Terrestre do Estado. Nestes espazo protexido tanto os ecosistemas acuáticos como os terrestres destacan polo seu valor ecolóxico e pola necesidade imperiosa da súa conservación. 

As especies exóticas invasoras (EEI) son a segunda causa de extinción de biodiversidade no planeta, porén esta ameaza chega a ser a principal causante da perda de especies nas illas. Nestes ecosistemas tan singulares a introdución de EEI, é moito máis daniña, e por tanto máis importante a súa eliminación e control. 

O Parque Nacional galego posúe lamentablemente diversas especies invasoras tanto de flora como de fauna, que levaron a desenvolver ao longo dos anos programas e investigacións centradas no seu control. Unha parte destes programas é a centrada na divulgación da problemática entre a cidadanía, e a creación de espazos de participación como é o voluntariado ambiental.  

ADEGA conta cunha ampla traxectoria na xestión de voluntariado en toda Galiza, especialmente no traballo con especies exóticas invasoras, é por iso que organiza un campo de tres días para traballos voluntarios na illa de Sálvora. O campo comezará este martes á tarde co desprazamento ata a illa de Sálvora. Unha vez alí realizarase unha charla formativa sobre o proxecto e as actividades de eliminación de EEI. O mércores están programados os traballos de campo para os cales os participantes se dividirán en varios grupos. O xoves haberá unha posta en común dos traballos realizados. Ademais haberá actividades complementarias como roteiros pola illa ou observación de aves e cetáceos e obradoiros de astronomía e astrofotografía (se o tempo o permite). 

Nesta actividade participarán 12 persoas voluntarias, que contarán con seguro de accidentes, comida e aloxamento na illa. Máis de 40 persoas ficaron en lista de espera, xa que as prazas son limitadas.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar