Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 05 Julho 2016 20:32 Última modificação em Sexta, 08 Julho 2016 14:24

Greve nos centros de chamadas da Galiza contra a proposta de um novo contrato coletivo precarizador

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

Esta nova xornada de paralisazón desenvolverase o vindeiro día 11 e incluirá concentracións na Coruña, Vigo, Lugo e Ourense.

A CIG-Centros de Chamadas vén de anunciar a convocatoria dunha nova xornada de greve ante a pretensión da patronal de impoñer un “convenio colectivo lixo” a nivel estatal para un sector que emprega a unhas 8000 persoas no noso país. Con este paro, que se desenvolverá o vindeiro día 11 e que incluirá concentracións na Coruña, Vigo, Lugo e Ourense, a central quere rexeitar o bloqueo das negociacións e os intentos de recortar salarios e dereitos laborais.

A CIG-Centros de Chamadas decudiu retomar as mobilizacións para reclamar un convenio colectivo xusto no sector e convocar unha nova xornada de greve tras a paréntese aberta co obxectivo de intentar acadar unha unidade de acción sindical “que non foi posíbel porque CCOO e UGT nin sequera contestaron as nosas propostas, optando por reunirse ás nosas costas para tratar de demorar calquera contestación”.

Neste senso, dende a central nacionalista rexeitan a plataforma de negociación destes sindicatos, ao entender que “debera ser negociada e ratificada nun proceso aberto e participativo”. Entenden tamén que os traballadores/as teñen que ter a última palabra, polo que calquera acordo debera ser ratificado en referendo.

Consideran que tras a suspensión das protestas as empresas pensan que pacificaron o sector e que polo tanto vai aceptar un “convenio lixo”, por iso volven a bloquear a negociación do convenio. “Temos que demostrarlles que están erradas, que mantemos a nosa rebeldía fronte ás condicións inxustas que nos impoñen no día a día e fronte á súa intención de recortar salarios e dereitos”.

Así, amósanse convencidos/as de que a desmobilización prexudicou a negociación, xa que “a patronal envalentonada volveu ás andadas e presentou propostas duras, o que alonxa cada vez máis calquera posibilidade de acordo”. Diante disto, apostan por retomar as accións reivindicativas de xeito inmediato, “porque doutro xeito corremos o risco de dar por perdidas as subas salariais de 2015 e 2016, como está a acontecer noutros sectores coa complicidade dalgúns sindicatos”.

A primeira destas mobilizacións terá lugar o vindeiro día 11 coa convocatoria dunha nova xornada de greve no sector, que coincidirá coa celebración de concentracións de traballadores/as en distintos puntos da Coruña, Vigo, Lugo e Ourense.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar