Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 09 Julho 2016 11:46 Última modificação em Quarta, 13 Julho 2016 01:03

O mundo da cultura de Ponte Vedra pede num manifesto a aboliçom das touradas na cidade

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Praza Pública

As persoas que asinamos este manifesto, profesorado, artistas de diversas disciplinas e representantes do asociacionismo cultural pontevedrés, queremos facer público co mesmo o noso posicionamento en prol da abolición das touradas, atividade coa que por desgraza aínda temos que conviver na nosa cidade en pleno ano 2016.

E decidimos facelo porque cómpre dicer alto e claro que o cruel espectáculo e negocio das touradas non se pode tentar lexitimar apelando unha e outra vez, sen pasar pola peneira da crítica ética, ao feito de ser unha suposta tradición cultural e unha manifestación artística a preservar.

En primeiro lugar, e cando menos no caso galego, carece de sentido defender as touradas como unha tradición que fai parte do entramado cultural de unha comunidade humana dada, neste caso a galega. Son anecdóticas as referencias a espectáculos de tauromaquia antes de finais do século XIX en Galiza. Moi ao contrario, un intelectual galego da Ilustración como Martiño Sarmento (tan ligado a Pontevedra) sinalaba no século XVIII, desde unha postura contraria á tauromaquia, que no noso país as touradas non tiñan o máis mínimo predicamento popular.

Mais o que e máis importante, aínda que efectivamente as touradas fixesen parte da nosa tradición cultural, isto non as libraría de seren sometidas ao filtro da ética posto que as tradicións non se poden defender en base, simplemente, ao feito de seren algo tradicional, algo repetido no tempo.

Tradicionais foron no seu momento fenómenos culturais felizmente superados e tradicionais son prácticas ou actividades que, por desgraza, aínda non foron erradicadas aquí ou en moitas outras partes do mundo. Se pretendemos construír unha sociedade cada vez máis libre e solidaria, nada do que fagamos pode librarse dunha valoración ética e racional, ningunha práctica pode pretender estar fóra de cuestionamento apelando á “tradición”.

Podemos ollar cara outro lado perante unha actividade baseada na crueldade máis gratuíta contra un animal porque esta sexa unha tradición? Consideramos que non. Ningunha práctica que nos alonxe dun comportamento máis empático e ético, xa for cos demais seres humanos ou coa natureza, pode estar xustificada e aínda menos ser legal. Baste con lembrar que a Declaración Universal dos Dereitos dos Animais da UNESCO recolle no seu artigo terceiro que “ningún animal será sometido nin a maos tratos nin a actos crueis”.

Outro dos recursos habituais no intento de lexitimación das touradas, enlazado habitualmente co anterior, é o da súa consideración como vehículo de expresión artística e estética, buscando a súa igualalas coa música, a pintura, a literatura ou calquera outra manifestación. Deste xeito, en defensa da tauromaquia proclámase que esta é “un drama”, exáltase a súa parafernalia estética ou acódese á suposta autoridade de intelectuais e artistas defensores e defensoras das touradas ao longo da historia ou que simplemente as recollesen na súa obra.

Certamente é difícil definir o que é arte e o que non o é, máis negámonos a considerar como unha expresión da creatividade humana tal exemplo de comportamento cruel e brutal, e negámonos a aceptar que a arte sexa empregada como escudo dun negocio que só debería causar vergoña. Por moito que queiran, non, a tauromaquia non se pode equiparar a Virginia Woolf, a Luís Seoane, a Aretha Franklin ou a Akira Kurosawa...

Nós, como persoas vinculadas aos espazos da cultura, do pensamento, da educación e da arte e como mulleres e homes que pulamos por unha sociedade rexida pola ética, a empatía e a razón, queremos facer público o noso rexeitamento ás touradas, en Pontevedra e en calquera outra parte, e facemos un apelo ás diferentes administracións para que asuman unha posición abolicionista activa.

A tortura non é arte nen cultura!

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar