Acto en Ferrol, vídeoconferencia con Jordi Colomer i Missé, sobre remunicipalización da xestión de servizos municipais e o caso da recollida de lixo e limpeza viaria e da xestión da auga.
Día: xoves 14 de Xullo de 2016.
Hora: 8 da tarde.
Lugar: no local de Fuco Buxán (Rúa Armada Española, 32 Baixo), en Caranza-Ferrol.
Jordi Colomer i Missé, activista e técnico especializado en remunicipalización e xestión dos servizos públicos. Licenciado en Ciencias Ambientais pola UAB. Foi no concello catalán de Arenys de Munt, o responsábel da remunicipalización da auga do concello entre 2011 e 2014 | + Info.
A remunicipalización da xestión de servizos municipais. | 10 febr., 2016 a Blog / Campanyes | Autor: Jordi Colomer i Missé, especialista en xestión de servizos públicos municipais e remunicipalización. | Font orixinal: Ecología política, Nº 49, 2015, págs. 106-111. | Acceder ou baixar, en: PDF ou HTML.
Foto: Laura Grau. | De esquerda a dereita, Gonzalo García (CUP Montcada), Alba Soria (Decidim Ripollet) e Jordi Colomer (CUP Arenys de Munt). | LaVeu o portal de noticias multimédia de Montcada e Reixac.