Cabe destacar que pese aos poucos recursos cos que conta a entidade -en comparación cos miles e miles de euros que invirte o empresariado taurino- cada día son máis os cidadáns que defenden unhas Pontevedra sen tortura animal e que polo tanto rexeitan unha actividade en retroceso no noso país como é a tauromaquia.
A falta dunha semana, Touradas fóra de Pontevedra continuará traballando na axitación de rúa mediante repartos e pegadas de carteis. Tamén realizará unha mesa redonda o xoves 11 ás 20h na Praza da Peregrina. Por outra parte, continúan recollendo apoios de colectivos e organizacións para a manifestación do día 13, contando neste momento con 86, a piques de superar a cifra de 2015.