Desta volta organizan unha xornada de auto-formación baixo o título “a liberación sexual integrada na liberación nacional e social“, isto é, a cuestión da sexodiversidade desde unha óptica de clase e como independentistas galegas. Cren na necesidade de partillar preguntas e experiencias e dar pé á reflexión e ao debate polo que vos convidamos a asistir a esta xornada que terá lugar en Ourense, no local do BNG (rúa das Burgas, nº2) o xoves 18 de agosto ás 20:30 horas
Non faltes!
>> Consulta o caderno de formación no que se baseará no encontro.