A Plataforma Abrindo Fronteiras de Ourense convoca á cidadanía hoxe xoves día 28, dende as oito do serán, á altura da Leiteira da Rúa do Paseo, a unha acción para amosar o seu rexeitamento á xestión que tanto a UE como o goberno español están a facer da grave crise humanitaria que estamos a vivir en Europa.
"Non podemos calar ante o trato cruel das políticas da UE sobre as refuxiadas que se atopan nos centros de contención, nin podemos permitir a vergoñenta politica de asilo que está a seguir o actual goberno en funcións, reflexo da sua deixadez e despreocupación pola vida e futuro das refuxiadas", explicam.