Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 24 Agosto 2016 11:02

Escandalosos lucros da Lactalis levam à ruína exploraçons leiteiras galegas

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: SLG

O S.L.G denuncia os escandalosos beneficios da multinacional Lactalis conseguidos á costa de levar á ruína as granxas de leite galegas.

Ao tempo que a multinacional Lactalis é noticia polos prezos e condicións abusivas que lles impón ás produtoras e produtores galegos, a maioría das súas empresas filiais presentan grandes beneficios para o grupo no 2015: Leche de Galicia, subsidiaria galega do grupo, presentou un beneficio de 2,5 millóns; Lactalis Puleva, de 19,8 millóns (o dobre ca no 2014); Puleva Food, de 10,5 millóns; Lactalis Forlasa, de 5,3 millóns; Lactalis Food Service, de 5,6 millóns...

Malia as ganancias históricas de Lactalis, este mes de agosto arredor de 1.200 produtoras e produtores galegos verán de novo rebaixados os prezos do leite debido ao contrato abusivo que a empresa lles fixo asinar no mes de xullo, con fórmulas que dan como resultado un prezo inferior ao que se paga de media en Galicia, que xa é o máis baixo do estado. Co último prezo medio, que en Galicia non chega aos 27 céntimos, a fórmula da multinacional francesa daría un prezo inferior a 26 céntimos, o contrato pretende incluír a posibilidade de adiar a dous meses o pagamento do leite, o cal é ilegal segundo a lei que regula os pagamentos de produtos perecedoiros, e tamén esixe confidencialidade sobre os contratos, para garantir que todos estes abusos non saian á luz e seguir operando con total impunidade.

Os dividendos e ganancias de Lactalis están feitos co suor e coas bágoas das labregas e labregos galegos, e coa perda dos centos de postos de traballo que dependían directamente das 425 granxas de leite galegas que se viron obrigadas a pechar no ano 2015. Lactalis convertiuse na empresa líder por facturación e destacan os 8,7 millóns de euros de dividendos repartidos por Lactalis Puleva ou os 8,5 de Puleva Food, mentres impón contratos con baixas de prezo continuadas.

A un ano do gran engano que supuxo o chamado “acordo lácteo” presentado polo Ministerio e pola Consellería para acabar coas mobilizacións do sector,demóstrase que as industrias seguen impoñendo condicións abusivas con total impunidade, e que nin os contratos sen prezo e con todas as condicións impostas unilateralmente polas industrias, nin os acordos voluntarios nin o famoso acordo histórico para ter unha cadea de valor sostilble, no que cada parte tivera garantida a súa marxe, pasaron de papel mollado. Do SLG lembran que o famoso acordo de setembro de 2015 asinárano a maioría das empresas e asociacións do sector industrial (32), da gran distribución (24), un total de 56, e pola parte do sector gandeiro subscribiron o pacto Cooperativas Agroalimentarias de España e Asaja, que cualificaran de “histórico” o documento. Dende o Sindicato Labrego Galego denuncian esta pantomima e rexeitan darlle aval a un novo engano ao sector, pois non incluía ningunha garantía no prezo do leite nin en melloras nas condicións das persoas produtoras, como pode verse 12 meses despois.

"Dende a Consellería e dende o Ministerio están a ser cómplices destes abusos, posto que, pese a ser coñecedores desta situación, non están a poñer as medidas axeitadas para que os prezos pagados as persoas produtoras cubran os custos de produción e remuneren dignamente o traballo, para que os contratos deixen de ser unha ferramenta para extorsionar ás persoas produtoras, e os prezos e condicións de venda respondan a índices obxectivos e garantan a marxe suficiente para que as persoas produtoras podan vivir dignamente do seu traballo. De feito nada sabemos das múltiples denuncias que se levan feito destes abusos (AICA, Xunta, Medios de Comunicación...)".

Peden ao Presidente da Xunta e á Conselleira que deixen de botar balóns fóra e que asuman a responsabilidade que teñen de defender un sector estratéxico como o lácteo, do que dependen miles de empregos nas diferentes comarcas e que está seriamente ameazado polas prácticas inxustificables dunhas empresas que cada día impoñen condicións máis abusivas mentres aumentan as súas contas de beneficios.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar