Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 24 Agosto 2016 12:39 Última modificação em Sexta, 26 Agosto 2016 17:42

Pessoal de luita contra incêndios florestais vai manifestar-se contra o desmantelamento do serviço

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia, Consumo e meio natural / Fonte: CIG

As organización sindicais CIG, CCOO, CSI•F e UGT denuncian a situación de emerxencia que o goberno da Xunta levou ó Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF), co desmantelamento paulatino do SPDCIF a través das súas políticas de disgregación dunha parte do dispositivo e a privatización doutra.

A irresponsable fragmentación levada a cabo pola Consellería do Medio Rural do dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais, a través dun complexo entramado de organismos, empresas e institucións, está prexudicando gravemente a eficiencia do que sempre foi un servizo público de contrastada eficacia coa única fin de servir a escuros intereses económicos e electoralistas.

Dende as OOSS asinantes queren pór en coñecemento da opinión pública que a precarización das condicións de traballo, a falta de medios, tanto materiais coma humanos, así como a inestabilidade laboral e profesional a que o goberno da Xunta quere condenar os profesionais do SPDCIF, pon en grave risco a capacidade do servizo nas tarefas de extinción e prevención de incendios e supón unha gravísima neglixencia por parte dos seus responsables.

Asemade, "o incumprimento do Goberno do Partido Popular respecto ao seu compromiso público de recoñecemento da profesión de bombeiro forestal e a súa teima en manter de forma ilegal ós traballadores da extinción de incendios como “peóns forestais e da caza”, impide o acceso do colectivo ao recoñecemento de enfermidades profesionais propias do traballo desempeñado e o recoñecemento dos correspondentes dereitos legais a redución da idade de xubilación."

Por todo elo, acaban de convocar unha manifestación dos traballadores do Servizo Público de Prevención e Extinción de Incendios Forestais para o día 1 de Setembro de 2016 na PRAZA DO OBRADOIRO ás 11:00 horas. Asemade, e tras a ruptura do diálogo por parte da Administración, as catro OOSS acaban de presentar un escrito dirixido á Consellería de Facenda para que recapaciten e volvan a mesa de negociación, xa que, só a través do diálogo e a negociación pode acadarse unha solución satisfactoria para os graves problemas que afectan o SPDCIF.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar