Cando no mes de novembro de 2015 a CUT creaba e lle comunicaba á empresa a súa Sección Sindical a resposta anormal da mercantil foi cambiar a negociación polo silencio e despedir fulminantemente á compañeira afiliada, debido á súa situación de maior febleza ao estar contratada en prácticas.
Na tarde de onte o Xulgado do Social n°3 de Ourense viña de declarar nulo o seu despedimento, condenando á empresa á súa inmediata readmisión e ao pagamento de 6.251€ en concepto de indemnización por vulnerar o seu dereito á liberdade sindical e a súa garantía de indemnidade. Entre os feitos probados da sentenza atópanse ameazas ao persoal como afirmacións de que coa Sección "se lle cortaran as alas na empresa".
Unha vitoria que é de todas. Benvida outra vez Paloma!!!