A actividade deste 24 de setembro estará centrada na eliminación e control da Ludwigia grandiflora, especie acuática que está colonizando o cauce do Limia. Esta actuación continúa os traballos, desenvolvidos pola delegación de conservación de Ourense en 2014 e polo voluntariado de ADEGA en 2015, sobre esta mesma planta.
Para esta actividade o voluntariado contará con seguro de responsabilidade civil e de accidentes. A xornada comezará o sábado pola mañá. Tras a recepción do voluntariado e logo pequena introdución a problemática ambiental das invasoras, comezarán os traballos de campo. O voluntariado contará coa ferramenta apropiada. Haberá un descanso para a comida (gratuíta para os participantes) e unha segunda sesión de traballo durante a tarde. O voluntariado poderá coñecer este magnífico espazo natural e axudar á súa conservación.