Corre o tempo e xa lograron permanecer abertos durante un ano: todo grazas aos esforzos e as contribucións das persoas que se asociaron e que coas súas achegas, intereses e propostas van facendo posible esta andaina. Por este motivo, celebrarán o primeiro aniversario mañá 24 de setembro no noso local (Verea do Polvorín, 35) con todas aquelas persoas que queiran compartir a nosa ledicia.
Contarán con algúns dos grupos e solistas que participaron nos Acústicos da Comuna como Sédiva, Juanpiños, Dakipalá, Bea a de Estrela, Canela Cafuné, Marmo ou El Cos. Queremos apoiar aos artistas e celebrar con eles este ano de música (“A música non é ruído! É cultura!”), de ledicia, de reflexión... mentres se comparten petiscos e recordos deste ano de funcionamento. Tamén se aproveitará para explicar o funcionamento da Comuna ás persoas que aínda non o coñezan.
Durante este ano téñense levado a cabo diversas actividades como charlas sobre ecoloxía, xustiza social, consumo responsable, feminismo, cambio de modelo enerxético, software libre ou a cara B da historia local. Tamén temos servido de altofalante para colectivos que normalmente non teñen tantas canles de expresión en medios de comunicación saturados con outras noticias. Púxose en marcha unha tenda libre de roupa e outros obxectos (Armario Comunal) e compartiuse un xantar unha vez ao mes coas achegas de quen queira. Tamén fixemos cursos e acolléronse dúas exposicións: “10 anos de activismos descontrolados” e “Dinero” de Miguel Brieva, a cal acabou de se inaugurar e da que poderedes desfrutar se vos achegades este sábado.
-
Título
Primeiro Aniversario da Comuna
con música en vivo e petiscos
Día
Sábado 24 de Setembro de 2016
Hora
19:30 horas
Lugar
Centro Social A Comuna
(Verea do Polvorín, 35)