O evento terá lugar o día 1 de outubro, na zona do río da Valenzá, (onde se celebran as festas patronais) . A partires das 21:00h da noite e ata as 3:30H da madrugada teremos rock apto para tódolos públicos.
Os protagonistas do Festival serán:
Ás 21:00h ULTRÄQÄNS, dende o barrio de Monte Alto(A Couña) chega este grupo creado no 2007. Fusión de Folk/Rock progresivo mistura de sons tradicionais e modernos, punk, folk, rock, ska... A "banda de 4 patas e rabo", temos nela excomponentes dos Papaqueixos, Os Diplomáticos ou Ruxe Ruxe
Aarón- flautista
Amil- percusión
Antón- baixo
Manu- guitarra
Ás 22.15h MALHEIRA, Rock/metal ourensán. Despois da disolución de Matxetazo na Parrocha xurde Malheira, una banda que fai rock en galego; cun gran compromiso ideolóxico e en defensa da nosa Terra. Está composta por:
Diego- voz e guitarra
Iago- baixo
Rubén- batería
Ás 23:30h tocaralle a quenda a AZERO; Dende a comarca da Codoñera, no Baixo Aragón chegan estes turolenses. Case 20 anos facendo Rock cunha continua reivindicación e crítica ao sistema capitalista, ao racismo, ao machismo, e en defensa do Medio. Sete discos ás súas costas e nalgúns dos seus temas colaboracións de Yosi(Los Suaves) ou El Drogas e Boni (Barricada). Compóñena:
Jorge(Kapi)- Voz e guitarra
Marcelo- batería
Alfonso- baixo
Txury- guitarra
Juan- guitarra
Pecharán o Festival GINTONICA/ Tributo a Metallica sobre as 00:15h. O mellor tributo a Metállica do momento. Estes madrileños operan dende 2014 e entre eles temos a un ourensán (Aure)
Juan Carlos Medranda-guitarra solista
Rodo Arribas- guitarra rítmica
Aure Ockenfels- voz principal
Andrés Vázquez- batería
Edu Mira- baixo e coros
Con este evento preténdese darlle un pulo ao Concello, considerando que "temos un bo potencial en canto a infraestructuras e una poboación moi nova. Tamén atraer xente de Ourense ( para iso temos o servizo de autobús dende as 21:00h ata as 04:00h) dende o parque de San Lázaro ata a Valenzá, e viceversa". Unha boa oportunidade para escoitar música en directo e de valde , será a primeira vez que aconteza algo así na Valenzá, e da organización coidan que non sexa a derradeira, máis ben que sexa o principio de algo grande...