Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 05 Mai 2016 10:02

Jornada do SLG em Castrelo de Minho analisa incidência da mudança climática nas vinhas galegas

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: SLG

O Sindicato Labrego Galego e a COAG, co apoio do Ministerio de Agricultura a través da Fundación Biodiversidade, organizan unha xornada formativa en Castrelo de Miño (Ourense) sobre a influencia do cambio climático no cultivo do viñedo. Será este venres, 6 de maio, a partir das 16:00 horas no salón de actos do concello, e o encargado de impartila será o responsábel técnico de COAG e investigador do CEIGRAM, Pablo Resco. 

Nesta xornada, Resco analizará a incidencia do cambio climático no viñedo galego en relación a parámetros que -como a pluviosidade, o aumento das temperaturas ou a menor incidencia das xeadas- son determinantes para os rendementos e maduración da viña.

Segundo o informe da COAG “Cambio climático e viñedo no Estado Español”, as denominacións de orixe galegas estarían entre as que precisarán unha menor intervención polo cambio climático, que mesmo pode ter efectos positivos, xa que o aumento das temperaturas reduce as limitacións térmicas para que madure un maior número de variedades de uva, especialmente tintas.

Así e todo, o informe advirte que “isto sería especialmente favorable se non se superan os límites das variedades que se cultivan actualmente, como podería acontecer nunha das denominacións de orixe máis cálidas do norte peninsular como é a do Ribeiro”.

Noutras denominacións de orixe costeiras con contrastes térmicos máis suaves, como Rías Baixas, co aumento do período activo da vide polo quecemento do clima “poden xurdir algúns problemas coas temperaturas nocturnas, mesmo nos mellores escenarios, e é aí onde as necesidades de intervención deberían ser máis altas. Estas temperaturas poderían sobrepasar certos niveis e, polo tanto, afectar á calidade dos viños”.

En liñas xerais, o estudo de COAG afirma que o aumento das temperaturas medias pode ocasionar un alongamento do ciclo vital activo da planta e mesmo unha mellora de calidade na uva naquelas zonas onde fose habitual unha alta acidez por falta de maduración; aínda que unhas temperaturas excesivamente altas na época en que maduran os acios tamén poden ter efectos negativos na calidade ao ocasionar un exceso de madurez e azucre na uva. Outros efectos positivos, como o descenso no número e intensidade das xeadas, teñen o seu lado negativo en aspectos como as perdas de calidade e rendemento por golpes de calor.

De todo isto, centrándose na idiosincrasia das nosas denominacións de orixe, falará Pablo Resco o venres nunha xornada formativa que estará aberta a todo o público que desexe asistir.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar