Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 05 Outubro 2016 16:55

Exibiçom 'Umha invasom silenciosa. A biodiversidade sob ameaça' estará em Ponte Areias e disponível para coletivos

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Adega

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), pon a disposición de diferentes institucións e entidades (concellos, asociación, etc) que conten cunha sala ou local de exposición coas condicións axeitadas a exposición "UNHA INVASIÓN SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA". Unha exposición sobre especies invasoras e a súa problemática editada no marco do Convenio entre ADEGA e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.

O vindeiro mércores 05 de outubro ADEGA instalará a citada exposición no CIFP A Granxa en Ponteareas na que se realizará unha actividade sobre as Especies Exóticas Invasoras (EEI) con alumnado do centro ás 12:00. A exposición estará instalada ata o 14 de outubro.

A exposición recolle en trece paneis diferentes aspectos relacionados coa problemática das EEI:  Que son? Cal é a súa orixe?  E que implica unha bioinvasión, así como, os principais ecosistemas afectados e as especies máis comúns e algunas cuestión que podemos facer para atallar este problema.

A introducción de especies invasoras é na actualidade un dos principais factores de ameaza para a biodiversidade a nível planetario. ADEGA ten realizado nos últimos anos numerosas actuacións de divulgación sobre esta problemática así como numerosas actuacións de eliminación de flora exótica invasora en diferentes espazos naturais galegos. 

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar