Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 12 Mai 2016 02:07

AICA compromete-se a investigar as práticas abusivas no setor láteo galego dentro das suas competências

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia, Consumo e meio natural / Fonte: SLG

Dende COAG e SLG farán un seguimento da denuncia tamén a nivel da CNMC.

Trala xuntanza mantida o pasado 9 de maio entre a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e Andoni García (COAG/EHNE-Bizkaia) co director da Axencia de Información da Cadea Alimentaria (AICA), José Miguel Herrero, dende o SLG valoran positivamente a receptividade desta institución, aínda que cren que as accións que emprendan dentro das súas competencias a AICA e a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) deben complementarse con medidas inmediatas por parte do Ministerio de Agricultura e da Consellaría de Medio Rural, de xeito que haxa unha recuperación urxente dos prezos no sector lácteo que cubran os custos da actividade gandeira.

Dende o SLG e a COAG denuncian diante de Herrero que se está a vulnerar totalmente a legalidade vixente e que se están a perpetrar unha serie de prácticas abusivas que están a causar a ruína das nosas granxas, con prezos que non responden nin ao que custa producir o leite nin ás cotizacións que se pagan nos mercados do entorno. Estase a falar de prezos por debaixo dos custos de produción que chegan mesmo a baixar dos 20 céntimos por litro, tal e como se manifesta no informe presentado.

Diante desta situación, pedenlle á AICA que inicie con carácter inmediato unha investigación e se tomen medidas para rematar urxentemente con estas prácticas abusivas, tanto pola súa banda como por parte da CNMC, no marco das súas respectivas competencias. A resposta de Herrero foi que hai unha parte deste traballo que poden facer dende a AICA directamente (vixiancia do cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria, seguimento e sanción); mentres que outras prácticas, como a posición de dominio e abuso, o pacto de prezos, etc., estarían no ámbito de actuación da CNMC, polo que lle darían traslado desta denuncia así como dos resultados das investigacións realizadas.

En palabras de Isabel Vilalba, “é imprescindible rematar coa impunidade destes abusos que están a levar miles de granxas á ruína. En setembro, o Ministerio de Agricultura presentoulle ao sector un acordo co que aseguraban que se ía garantir unha cadea de valor sostible e á marxe das persoas produtoras, nun acto no que a ministra escenificaba o compromiso, segundo ela histórico, que conseguira da industria e da distribución. Dende o Sindicato Labrego Galego negámonos a asinar aquel acordo, porque nos parecía que non había garantías no prezo nin nos problemas fundamentais que ten o sector. O único certo 8 meses despois é que miles de granxas teñen prezos ruinosos cos que non se pode manter a actividade, sen que vexamos ningunha medida por parte das autoridades competentes por solucionalo".

A secretaria xeral do SLG matizou que, “aínda que cremos que a actuación da AICA e da Comisión Nacional da Competencia debería conseguir eses prezos equitativos que marca a lei, rematar coa posición de dominio da industria e da distribución e do que é sen dúbida unha competencia desleal que está levando a moitas granxas á ruína, queremos sinalar a situación límite das granxas e dos miles de postos de traballo que, de xeito directo directo e indirecto, dependen do sector lácteo. Cremos que o sector precisa de maneira urxente medidas políticas que conduzan ao cese inmediato dunhas prácticas extorsivas utilizadas para impoñer prezos artificialmente baixos que só benefician ás industrias e arruínan aos gandeiros e gandeiras".

A maiores, o SLG non entende que por parte do Ministerio de Agricultura e da Consellaría de Medio Rural haxa "constancia destes abusos e da imposición de prezos ruinosos e o sigan consentindo. Mesmo o señor Lence chegou a poñer en dúbida publicamente que o leite que se estaba pagando como leite en po, a prezos miserables, fose realmente para esa fin. É urxente unha inmediata recuperación dos prezos até niveis de rendibilidade. Preocúpanos a pasividade e a inacción das institucións, pois están a desbaldir un tempo que o meirande das granxas non se poden permitir”.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar