Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 12 Outubro 2016 12:16

Rede Galega de Luita contra a Pobreza é premiada pola Ordem dos e das Psicólogas

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Repressom e direitos humanos / Fonte: COPG

A Rede Galega da Loita contra a Pobreza recibirá este venres 14 de outubro o máis significativo galardón que concede o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o premio Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade. O acto, que se celebrará no Parador de Ribadeo (Lugo), será no marco do encontro Achegas da Psicoloxía, onde se congregan os colexiados e colexiadas desde hai xa oito anos.

O Premio Dolores Llópiz é o máximo galardón que entrega o COPG e que pretende distinguir á persoa, institución ou asociación que teña contribuído ao desenvolvemento da profesión. Nesta ocasión, a Xunta de Goberno do Colexio acordou outorgarllo á Rede Galega da Loita contra a Pobreza ao significar que, tal e como recolle o seu fallo, "o seu traballo con colectivos en situación de vulnerabilidade dá voz a persoas que sofren con virulencia as consecuencias da exclusión e que non atopan outra posibilidade de representación nunha sociedade na que se ten incrementado notablemente a pobreza e o risco de padecela".

Con este recoñecemento, o COPG quere destacar deste modo o labor do terceiro sector, que nun momento no que a resposta do estado do benestar requiría unha esixencia maior, paradoxalmente veuse minguado con políticas de austeridade, e diante do incremento das necesidades sociais, as organizacións non lucrativas asumiron boa parte desa responsabilidade.

A loita contra a pobreza é o maior reto da sociedade, xa que del depende en boa parte o benestar da cidadanía, con graves efectos que tamén se manifestan a nivel psicolóxico. Por iso, desde o Colexio de Psicoloxía consideran fundamental a actuación da Rede Galega de Loita contra a Pobreza, "pola súa incidencia política, dado que a saída da pobreza pasa ineludiblemente por políticas públicas decididas e suficientemente dotadas que poñan fin ás causas desa carestía e que palíen os efectos producidos".

"Cómpre enxalzar a loita contra a actitude determinista predominante no relativo á pobreza, sabedores e sabedoras de que podemos conseguir unha sociedade igualitaria e máis xusta. E destacamos o labor da Rede Galega da Loita contra a Pobreza en contra dos prexuízos, dos estereotipos e da estigmatización das persoas en situación de carestía na sociedade", recollen no fallo.

Programa Achegas da Psicoloxía 2016

Ao longo do 14 de outubro daranse unha serie de actos na vila de Ribadeo, no marco deste encontro dos psicólogos e psicólogas galegas. Comezarán ás 12 do mediodía, cunha recepción na Casa do Concello por parte do alcalde de Ribadeo, que lles dará a benvida ao municipio da mariña lucense. Ás 13 horas, no Hotel O Cabazo (Ribadeo) terá lugar o "Encontro interterritorial galegoasturiano: retos da psicoloxía no actual contexto socioeconómico; repensando a profesión na sociedade", gratuíto e aberto ao público. Trátase dun foro coa participación do decano do Colexio Oficial de Psicólogos do Principado de Asturias, Ramón Vilalta Suárez, e da decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, co fin de reflexionar sobre o papel e os retos da psicoloxía na sociedade actual, aténdose a puntos comúns e as diferenzas entre ambos os territorios.

Xa na tarde, ás 18 horas e tamén aberto para o público, ofrecerase a conferencia "Reescribir o futuro. Historias de exclusión e resiliencia" no Parador de Ribadeo, impartida polo relator Francisco Javier Aznar Alarcón. Este psicólogo clínico e máster en Terapia Familiar e en Neurociencias é membro da International Attachment Network Iberoamericana (IAN IA) e especialista en apego e narrativa. É psicoterapeuta no Centro de Asesoramento e Psicoterapia da Fundación Meniños, así como supervisor e consultor de profesionais e equipos que traballan en atención a menores en situación de risco e desamparo.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar