A concentración en Compostela, á que se convoca á toda a cidadania, será este sábado día 15 ás 19.00 horas, na praza do Toural.
"Estamos convencidas de que para promover unha sociedade igualitaria e respectuosa cos dereitos das persoas e o medio ambiente é imprescindible reformular o sistema de comercio global que, a día de hoxe, unicamente favorece a concentración da riqueza e do poder en mans dunhas poucas multinacionais. Por iso é necesario que a través da mobilización popular, a loita e a solidariedade entre os pobos e a oposición frontal de todos os axentes políticos ao TTIP/CETA/TISA logremos paralizar uns tratados que van hipotecar as nosas vidas e a das xeracións vindeiras".
QUE É O TTIP?
O TTIP é un tratado de libre comercio entre Europa e EEUU que están a negociar, en segredo, a UE, EEUU e importantes multinacionais. O TISA busca liquidar por completo os servizos públicos. O CETA é outro tratado entre UE e Canadá en condicións aínda máis segredas. Estes tratados están a negociarse sempre de costas á cidadanía, que non pode decidir democraticamente nada que teña que ver con eses acordos.
POR QUE NOS OPOÑEMOS A ESTES TRATADOS?
- Son una ameaza para a agricultura e pesca local
- Perxudican a economía do país
- Entregan a soberanía dos países ás multinacionais
- Abren as porta a compañías mineiras canadianas co risco medioambiental que supón
- Permiten que entren no mercado productos sen garantías sanitarias
- Existen tratados semellantes con resultados desastrosos para a maioría da poboación
- No son acordos democráticos sometidos a referendo popular
- Os conflictos entre as empresas e os estados serán xulgados por tribunais parciais, non pola xustiza ordinaria.
- Queren liquidar os servizos públicos
[A convocatória de Compostela soma-se à de Vigo, https://www.facebook.com/events/301729350197901/, no mesmo dia e que decorrerá no Cruzamento Via Norte, a partir das 19:00 horas, e à de Ourense (às 19:30) na subdelegaçom que o governo espanhol mantém na cidade galega.*]
* Nota do Diário Liberdade