Publicidade

Diário Liberdade
Domingo, 16 Outubro 2016 16:58

Lazoiro homenageará ao Presidente Municipal de Salvaterra, Manuel Mariño, exiliado polo franquismo

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Antifascismo e anti-racismo / Fonte: Lazoiro

Despois do primeiro éxito que acadou a exposición “Memoria de Salvaterra”, que tivo lugar os días 20, 21 e 22 de novembro do 2015 nas Covas de Dona Urraca, en Salvaterra, onde asistiron preto de 1.000 persoas a un percorrido fotográfico das últimas décadas e os cambios que sufriu tanto a vila como as parroquias a asociación Lazoiro organizará unha nova edición adicada á Memoria Histórica.

Esta nova edición, organizada baixo o título “A Nosa Memoria” e que terá lugar no mesmo emprazamento co anterior, pretende dar a coñecer unha parte da historia da nosa vila descoñecida para moita xente, relacionada coa guerra civil.

A Nosa Memoria, na que a entrada, ao igual o ano anterior, seguirá sendo de balde, abrirá ao público o venres 21de outubro de 19:30h a 21:30h, podendo visitarse ao longo de todo o fin de semana do 22 ao 23 en horario de 10:30h a 14:00h, e de 16:30 a 21:30.

A exposición estará organizada a través dun orde cronolóxico no tempo, para que sexa máis fácil a súa compresión, onde os visitantes poderán coñecer a través das fotografías e diferentes montaxes explicativos a historia dos acontecementos que tiveron lugar. Tamén terán a oportunidade de ollar obxectos da época ou xornais de relevante importancia local. Ademais, o domingo 23 a partires das 17:00h terá lugar un acto homenaxe no que intervirán Xesús Alonso Montero, Pte. Da Real Academia Galega, Xosé Ramón Paz Antón, Historiador, investigador e escritor e tamén contará cunha actuación musical ao cargo do veciño de Salvaterra Fernando Abreu, profesor de música, membro do Cuarteto Caramuxo e 2u2 e da Banda Crebinsky.

Debido a que A Nosa Memoria esta adicada á Memoria Histórica, a Asociación Lazoiro, pretenderá dar a coñecer en especial a tres figuras de Salvaterra dunha forma amena e didáctica; A primeira , Manuel Mariño Méndez, nado na parroquia de Fiolledo, dotado dun talento emprendedor e compromiso social creou no ano 1913 a Sociedade Agraria de Fiolledo, Oleiros e de Salvaterra coa axuda dos emigrados na Arxentina. Foi Concelleiro e o primeiro Alcalde constitucional na II República de 1931 e 1934. Sendo enlace da Unión Progresista do Distrito de Salvaterra de Miño en Bos Aires mercou os terreos para facer en Salvaterra a Casa Cooperativa Sindical ou Casa do Pobo (1927-1929). Delegado Rexional no II Congreso da Federación Nacional de Traballadores da Terra en 1931 en Madrid. Co golpe de Estado do 1936 controlou e dirixiu accións para preservar a legalidade. Tivo que agocharse na parroquia de Leirado e posteriormente fuxiu a Portugal, detido en Monçao durante uns meses, remataría nun penal de Lisboa que coa axuda do embaixador español logrou fuxir á zona republicana. Regresou a Galicia en 1947 con 65 anos de idade aproveitando un indulto de Franco para aqueles que non tiñan delitos de sangue. Viviu silenciosamente na parroquia que o viu nacer ate o seu falecemento o día 15 de febreiro de 1967 aos 85 anos de idade.

A segunda persoa, José Domínguez González, Tte. De Alcalde fusilado, naceu na parroquia de Corzáns, con 16 anos emigra a República Arxentina, traballou de panadeiro e foi sindicalista deste gremio. En 1920 foi membro da Comisión da Directiva recen fundada “Sociedad Juventud Progresista Hijos de Fornelos y Anexos de Buenos Aires”. Axudou na compra dun terreo para a escola de Fornelos, entre outros. Escribiu artigos para Acción Gallega ou A Fouze de Bos Aires. Membro da Sociedade Nazonalista Pondal de Bos Aires.A Raíz do golpe do 18 de xullo de 1936 forma parte do Comité da Defensa da República, participa na requisa de armas, municións e ferramentas seguindo as ordes oficiais que emitía o Goberno. O 28 de xullo publícase un bando de guerra en Salvaterra e aínda que Domínguez permanecerá agochado en Corzáns, remata por ser detido, ingresou na prisión de Tui 11 dea gosto, trasladado a Vigo para ser finalmente fusilado no monte do Castro en Vigo o 24 de febreiro de 1937.

A terceira persoa, Don Manuel Puente González (1890-1970), naceu na parroquia de Oleiros, en 1906 emigra a Bos Aires e aprende o oficio da xoiería, funda no 1919 a empresa Manuel Punta y Cia, unha das maiores cadeas de xoiería e pratería da Arxentina. Puente foi fundador da dirección de Sociedad Anónima Industría Sérica Argentina, primeira fábrica de seda natural da Arxentina. Tivo diversos cargos, entre os que cabe destacar o de tesoureiro na Cámara Sindical de Comercio de Bos Aires, presidente da Cámara de Comerciantes Republicanos Españoles e fundador e primeiro presidente da Sociedade Unión Progresista de Salvatierra de Miño. Membro da Federación de Sociedades Galegas e a Irmandade Galega da Arxentina, socio do Centro Gallego, Centro Orensano, Centro Pontevedrés e outros. En 1929 viaxa a Salvaterra onde inaugura a Casa do Pobo. En 1940 cando Castelao chega a Bos Aires en calidade de exiliado, Puente puxo a disposición de Castelao e a súa dona Virxinia Villaverde e outros. Funda xunto a Castelao e outros o Consello de Galiza (Goberno galego no exilio), sendo Puente presidente da Comisión de Facenda. Costeou diferentes obras de Castelao, entre as que esta o Sempre en Galiza, Albumes de Guerra e as Cruces de Pedra. Sufragou tamén os gastos de Historia de Galicia de Otero Pedrayo e contribuíu a recadación de fondos para financiar a editorial Galaxia fundada no 1950. Finou en Bos Aires no ano 1970, deixando a súa pegada na historia como o gran mecenas galego da emigració

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar