primeiro semestre de 2016 devolveu a Galiza ao primeiro posto de sinistralidade laboral no Estado español. De feito, segundo informa o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral no artigo de portada do Boletín número 21, “proporcionalmente morreron en Galiza, por accidente laboral, o dobre de traballadores/as que a media do conxunto do Estado”.
Boletín Saúde Laboral nº 21
O Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral atribúe esta situación a “unha reforma laboral brutal e inxustificada xunto a unha política antisocial de recortes extremos” que considera que “ten derivado nunha profunda desestruturación do mercado de traballo, na precarización laboral a ultranza e nunha perda de dereitos sen parangón no ámbito das relacións laborais”.
O artigo presenta un exhaustivo informe no que se analiza o tipo de accidentes laborais -leves, graves ou mortais-; os sectores nos que máis se producen, as causas e as medidas a adoptar para frear a súa incidencia.
O Boletín número 21 inclúe ademais informacións de carácter técnico, como a titulada “Primeiros auxilios en resucitación cardio-pulmonar (RCP) e principios para a utilización do desfibrilador” xunto con outras relativas a cambios normativos, como a relativa ao “Novo Regulamento Europeo sobre equipos de protección individual (EPIs).
Ademais, o Gabinete inclúe, na sección A Fondo, un artigo no que se constata que “Os/as traballadores/as do Estado español (están) entre os/as menos absentistas de Europa”.
Completa este número un artigo sobre os accidentes cardiovasculares, que se configuran como a primeira causa de morte no traballo.