Publicidade

Diário Liberdade
Segunda, 25 Abril 2016 05:00 Última modificação em Quarta, 27 Abril 2016 15:07

A alfabeto braille: ferramenta de integraçom social e de dinamizaçom cultural

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Língua/Educaçom / Fonte: IES Perdouro

Marco Pereira Oliveira (Xove, 1993), que padece cegueira provocada por glaucoma, é un mozo moi activo e combina os estudos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas no IES Perdouro coa dedicación á radiofonía en Radio Burela. Desde que realizou en 2012 un primeiro programa escolar, baixo a orientación de María José Pardiñas, a súa profesora de Tecnoloxía, pasou a colaborar en emisoras da Mariña, da man de dous grandes comunicadores: Pepe Peinó e Matías Nicieza.

Malia a súa minusvalía física, desde a súa chegada ao IES Perdouro, Marco integrouse plenamente na intervención educativa Modelo Burela e desde o 22 de xaneiro desenvolve un papel central nun proxecto impulsado desde o propio centro escolar que pretende a progresiva diminución das alternancias de código, tan frecuentes en contextos diglósicos coma o noso, co propósito de alcanzar a estabilidade lingüística. Faino coas súas ferramentas preferidas: un ordenador, unha impresora específica para o sistema braille, un micro, a voz e o seu extraordinario don de xente.

Para dar a coñecer a parte máis externa do proxecto, na biblioteca do IES Perdouro celebrouse este pasado martes un acto de presentación. Falouse do Programa radiofónico Grandes Voces do Noso Mundo, producido e realizado polo propio Marco Pereira Oliveira e por Helena Valle García, tamén alumna do IES Perdouro de Burela.

En antena desde o 22 de xaneiro de 2016 en Radio Burela, o programa musical dedicado ás grandes voces da música cantada nos países de raíz galega chegará nesta semana a completar a súa primeira ducia de emisións. Alén da selección musical, o programa emitido os venres entre as 7 e as 8 da tarde ten unha sección dedicada á conversa sobre a música. Na primeira das emisións o entrevistado foi o profesor Manolo Maseda Deán, acordeonista e voz dos Diplomáticos de Monte Alto, impulsor da Festa da Marosa e actualmente director do instituto de Baio. Nos seguintes programas, participaron en vivo e en directo grandes artistas como Miro Casavella, María do Ceo ou Xurxo Souto. En cada unha das emisións, Marco Pereira de Oliveira, alumno do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do centro burelao, está acompañado nos es tudios de Radio Burela por Helena Valle García, alumna de Bacharelato, que lle axuda no manexo do guión escrito en braille e que o acompaña na locución. Moi pendente da emisión está tamén Mónica Palacios Ferreira, que se ocupa todas as semanas de manter informada a audiencia a través da bitácora Grandes Voces do noso Mundo, que ela mesma deseñou. Este programa musical dirixido polo mozo invidente ten xa unha audiencia moi fiel, distribuída por moitos lugares do mundo (Portugal, Cabo Verde, Francia, Reino Unido, Estados Unidos, etc.), e está apoiado por diversos docentes que traballaron con Marco no colexio Pedro Caselles e no IES Illa de Sarón, de Xove; no IES Marqués de Sargadelos, de San Cibrao; e na propia ONCE. Ademais de por Helena Valle e Mónica Palacios, Marco Pereira estivo acompañado no acto de presentación por Karina Parga, vicedirectora do centro; María Jesús Permuy, orientadora; Dolores Otero, profesora de Música; Belén López, coordinadora da área de innovación educativa; e por Cristina Ramudo, a profesora de Pedagoxía Terapéutica, a quen el chama "os meus ollos", xa que ela é quen se ocupa diariamente de transformar os materiais docentes para o sistema braille e ao mesmo tempo orienta o seu estudo.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Mais nesta categoria:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar