As actividades comezarán no cemiterio ás 13h co seguinte programa:
INTERVENCIÓNS
-
Laura R. Pena, militante do MGS e Responsábel Local do BNG de Sada
-
Xoán Bautista Mariño, concelleiro do BNG de Dodro que participou de cativo no enterro de Moncho Reboiras hai 40 anos, nunha parroquia tomada pola Guardia Civil.
-
Xan Fernando, da Mesa Nacional de Isca!
-
Susana Camba, membro da MN do MGS e da Executiva Nacional do BNG.
ACTUACIÓN d’O LEO ARREMECAGHONA
XANTAR POPULAR. Ao remate do acto, celebraremos o xantar anual nunha carballeira acondicionada a 150 metros, amenizado con gaiteiros.