Ante a subida da luz e o gas saem constantemente propostas da esquerda, de toda, desde Unidos Podemos ata o BNG, de rebaixar o IVA para reducir o seu prezo. Tan sorbido o seso ten a esquerda polo capitalismo e os seus medios, que só saben tomar medidas fiscais burguesas?
A histórica política fiscal proposta pola esquerda non era modificar os impostos indiretos - eses que pagamos todos e todas igual, independientemente dos ingresos que uno teña-, senón aboli-los, e deixar só os impostos directos, que baixo o capitalismo son basicamente o IRPF e o de Sociedades. E dentro deses impostos indirectos, o máis antiobrero que hai é xusto o IVA. É un gravame sobre as persoas en tanto que consumidoras; grava-se o consumo final dun produto, de tal xeito que os intermediarios dese consumo, desde a produción ata o fogar, vano desgravando.
Todos, absolutamente todos os empresários, pequenos, medianos e grandes, autónomos, etc., cando fan unha compra como empresarios / autónomos, repercutem o IVA que eles pagan nas declaracións, e sonlles desgravados; é dicir, non o pagan. Si estes sres fosen honrados, pagarían o IVA cando atuasem como consumidores finais, non como profesionais; pero todos e todas sabemos, é un segredo a voces, que moitas casas, coches e ata viaxes, estes sres desgravan o IVA cargándoo ás empresas ou si son autónomos, na liquidación trimestral que debe facer do IVA cobrado.
Ao final, os únicos que non teñen NINGUNHA oportunidade de desgravar o IVA que pagan por todas as súas compras son os que viven da nómina. Eses que, segundo a propaganda dos bancos (para endebedalos, que lles douran a píldora para sacarlles o sangue a través dos intereses), non “son os valentes”; ou que para os posmodernos non existen; a clase obreira, asalariada, con nomea.
A mellor política fiscal é a que non existe, porque se expropiou ao capitalismo, non existe a propiedade privada, e o estado finánciase sobre a base do traballo colectivo da clase traballadora, nunha tendencia cara á súa disolución, posto que aos poucos vai perdendo o seu sentido de ser cando pasemos do “goberno das persoas á administración das cousas”, é dicir, o socialismo.
Mentres non se conquista esa sociedade, a clase traballadora e as súas organizacións non poden ser abducidas polas medidas do capital, como manter os impostos indirectos así sexan baixos, senón que deben esixir unha política fiscal que en fronte aos que nunca pagan, as empresas, os bancos, os propietarios das empresas ligándoo á loita contra a propiedade privada dos medios de produción.
A subida dos prezos da luz e o gas ten esta dobre perspectiva, unha, desaparición dos impostos indirectos que gravan un ben imprescindible, substituíndoos pola vella proposta da esquerda de impostos directos, baixo o criterio de “que pague máis quen máis tem”. E dous, a nacionalización da industria eléctrica, privatizada polos gobernos do PPSOE, que estableza os prezos non segundo os criterios do mercado, senón das necesidades sociais.
Calquera outra perspectiva desvía o problema e a súa solución, o sistema capitalista e as políticas dos seus gobernos, a unha política que Rosa Luxemburgo definiría como “intentar converter o océano en limonada? a base de vasos de limonada”.