A pesares de que a doutrina do Tribunal de Xusticia da Unión Europea di que a cláusula de Vencemento Anticipado, que permite as entidades financeiras reclamar, pola falta de pagamento dalgunhas cotas da hipoteca a totalidade da débeda pendente é abusiva, ten que ser declarada nula e, polo tanto, débese arquivar o procedemento de execución hipotecaria para así disuadir os bancos de incluír cláusulas abusivas nos seus contratos, desgraciadamente non soe ser así nos xulgados da Coruña namentres que noutros xulgados de Galicia e España isto non acontece.
Os xuíces da Coruña non so non aplican esta doutrina, senón que deciden polos afectados, dicindo que o procedemento executivo, nestas circunstancias declarado ilegal pola xustiza europea, é o mellor para eles. Este é o caso das nosas compañeiras Magdalena, Pablo, Lola, Sandra e Aurelia ( PAH Ferrol).
Dende Stop Desafiuzamentos A Coruña e a PAH de Ferrol, denuncian "as prácticas contrarias a normativa do TJUE, que os xuíces desta provincia están a realizar".
A pesares dos intentos realizados para denunciar esta situación ante o Xuíz Decano D. Luís Pérez Merino, non acadaron nada.
"Os xuíces desta provincia non só están a deixar desprotexidos aos afectados, se non que deciden por eles sen lles preguntar, inclinando así, unha vez máis, a balanza a favor da banca, en vez de lles ofertar aos afectados unha alternativa menos traumática que perder a súa vivenda".