Umha açom global com a participaçom de seis cidades galegas comemora o quinto aniversário do 15M.
O Cineclube de Compostela continúa co ciclo sobre o Máxreq ou Oriente Medio coa proxección, este mércores 11 de maio do documentario (الحياة اليومية في قرية سورية [Al hayatt al yawmiyah fi quariah suriyah], Siria, 1974), dirixido por Omar Amiralay. Primeira longametraxe do seu autor, este filma, se cadra o máis coñecido da cinematografía dese paía, tenta establecer un modo de filmación comprometido coa xustiza social e retratar as consecuencias da Revolución de 1963 tras as reformas agrarias. A proxección terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.
No día 3 de maio os bombeiros do concello de Santiago de Compostela foron requiridos para intervir nun incendio na urbanización de Os Tilos, concello de Teo, coa información de que había posibles vidas en perigo.
Info tirada de O gajeiro na gávea. Este sábado passado no mesmo momento em que começava a Feira da Primavera do bairro de S Pedro, as gentes da Kalimera faziam público desde o posto de venda e informaçom dos centros sociais CS do Sar e CSO Escárnio e Maldizer o começo da Campanha “ONDINHAS VENHEM E VAM…” na plataforma de Goteo.org .
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759