Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 11 Mai 2016 07:47

Cineclube Compostela projeta documentário de análise marxista da Síria do Baaz

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Resenhas / Fonte: Cineclube Compostela

Cineclube de Compostela continúa co ciclo sobre o Máxreq ou Oriente Medio coa proxección, este mércores 11 de maio do documentario (الحياة اليومية في قرية سورية‎ [Al hayatt al yawmiyah fi quariah suriyah], Siria, 1974), dirixido por Omar Amiralay. Primeira longametraxe do seu autor, este filma, se cadra o máis coñecido da cinematografía dese paía, tenta establecer un modo de filmación comprometido coa xustiza social e retratar as consecuencias da Revolución de 1963 tras as reformas agrarias. A proxección terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21:30 horas.

Trala revolución que leva ao poder ao partido Baaz no 8 de marzo do 1963, o novo goberno sirio estabelece unha serie de reformas, entre elas a importante reforma agraria que quere solucionar a cuestión da terra nun país fundamentalmente agrícola. A comezos dos 70, Omar Amiralay e Saadallah Wannous, financiados pola estatal Organización Nacional do Cinema, acuden a Mwaylih, unha pequena aldea do leste de Siria, para ver as condicións de vida dos seus habitantes e realizar unha análise da realidade social, política e económica dos seus habitantes. Nese contexto, ademais, as eleccións locais viran acentuar aínda máis as diferenzas de clase.

Cunha perspectiva claramente marxista, Vida cotiá nunha aldea siria eríxese como unha crítica ao sistema realizada a través da subversión da propia oficialidade, aproveitando a circunstancia dun director crítico e unha liña libre dentro da Organización Nacional do Cinema. A través principalmente de entrevistas (que pretenden reflectir o estatismo da poboación, tremendamente espallada), este documentario debulla unha serie de relacións de clase e de implicacións dos poderes do estado que manteñen aínda a opresión contra os labregos. Ao longo do documentario, ademais, desvcélase como as circunstancias e o propio labor dos cineastas conseguen unha maior sinceridade e abertura dos habitantes, que comezan apenas deixando ver as súas reticencias, para acabar expresando unha crítica feroz.

O filme foi rodado ao longo dun ano, entre 1971 e 1972. Pero ao longo deste tempo, o propio réxime cambiara a súa estrutura interna, cun maior poder dos poderes máis dereitistas. Ao rematar a montaxe, o organigrama da Organización Nacional do Cinema xa cambiara e a nova dirección prohibiu a difusión de Vida cotiá dunha aldea siria. Aínda así, unha copia foi salvada e enviada a Francia, o que conseguiu aumentar a fama do seu director e acadar galardóns internacionais como o premio Interfilm no Festival International de Berlín ou o premio especial do xurado no Festival de Toulon.

Omar Amiralay, nado en Damasco en 1944, durante o mandato francés, foi estudar cinematografía ao IDHEC de París, aínda que abandonou os estudos para participar nos sucesos do maio do 68. No regreso a Siria, roda a curtametraxe de propaganda Ensaio fílmico sobre o encoro do Eufrates (1970), un retrato entusiasta da construción dunha presa do réxime Baaz, realizada baixo con reminiscencias de Dziga Vertov. Tras estrearse na longametraxe con Vida cotiá nunha aldea siria, realiza outro documentario, As pitas (1978), outra crítica, se cadra máis velada, ás contradicións do goberno sirio que tras ser producido e emitido pola televisión, foi tamén prohibido.

Co aumento da represión en Siria tralos acordos de Camp David de 1979, Amiralay exiliase en francia, onde dirixira documentarios para a televisión sobre distintos países do Máxreq. Nos 90 volve a estabelecerse entre Siria e o Líbano, e desde alí realizara filmes como Nun día de violencia cotiá, o meu amigo Michel Seurat... (1996) ou Aínda hai moitas cousas que dicir (1997). En 2003 realiza o seu último filme Un dioivo no país Baaz, que, debido á súa crítica política, é eliminado do Festival de Cartago a petición do goberno sirio. A polémica que seguiu, na que numerosos cineastas árabes se solidarizaron con Amiralay, obrigou ao festival a reprogramar o filme. O 5 de febrero de 2011, Amiralay morre en Damasco.

A vindeira semana remata este pequeno ciclo coa proxección, o mércores 18, de Leccións de escuridade (Lektionen in Finsternis, Alemaña-Francia-Reino Unido, 1992), unha exploración de Werner Herzog dos pozos de petróleo queimados no Kuwait da Primeira Guerra do Golfo. Xunto con este filme poderemos ver tamén a curtametraxe Cobra Mist (Cobra Mist, Reino Unido, 2008), de Emily Richardson.

O filme vai ser proxectado na súa versión orixinal, con subtítulos en galego. A entrada é de balde, puidendo adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha aportación económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas. Os socios e socias poderán dispor do fondo de filmes do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.

PRÓXIMAS PROXECCIÓNS

Mércores 11 de maio ás 21:30 no Pichel

Vida cotiá nunha aldea siria

(الحياة اليومية في قرية سورية [Al hayatt al yawmiyah fi quariah suriyah], Omar Amiralay, Siria, 1974, 83′, VOSG)

Mércores 18 de maio ás 21:30 no Pichel

Cobra Mist

(Cobra Mist, Emily Richardson, Reino Unido, 2008, 6′, VO)

Leccións de escuridade

(Lektionen in Finsternis, Werner Herzog, Alemaña-Francia-Reino Unido, 1992, 50′, VOSG)

Mércores 25 de maio ás 21:30 no Pichel

Walsed

(Walsed, Alberte Pagán, Galiza, 2014, 4′, VO)

Frank

(Frank, Alberte Pagán, Galiza, 2015, 65′, VO)

Estrea. Coa presenza do director.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar