Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 08 Abril 2017 11:22

As bibliotecas aderem aos cortes no Ensino na Galiza

Avalie este item
(0 votos)
Jacobo A Garcia

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

[Jacobo A. García] Á falta de profesorado, xa que non se cobren as xubilacións, as axudas ó ensino privado, así como o resto de recortes no ensino, súmase a destitución das directoras das bibliotecas centrais das principais cidades de Galiza. 


Recentemente a Xunta cesou ás directoras das bibliotecas centrais territoriais de Lugo, A Coruña, Pontevedra e Santiago de Compostela, sen que se explicara motivo algún. A decisión tómase nun contexto de continuidade cos recortes nas bibliotecas públicas e no ensino en xeral. Bamad-Galicia (Asociación de profesionais dos arquivos, bibliotecas, museos e centros de documentación de Galicia) denuncia que estes cargos se elixen por libre designación, a dedo, e que o feito de que non haxa previsión de recambio destas persoas dificulta o funcionamento das bibliotecas.

Os cambios nas direccións de catro das seis bibliotecas dependentes da Xunta, chegan nun contexto de recortes orzamentarios continuados. A partida que a Xunta destina cada ano á adquisición de fondos bibliográficos para as bibliotecas públicas sufriu un gran recorte entre 2009 e 2013, dende os 2,4 millóns ata os 650.000 euros. Nos últimos tres orzamentos presentados polo goberno galego foise reducindo a cantidade, sendo a de 2016 de 560.000 euros. A esta situación únense as dificultades que experimenta o seu persoal, sobre todo os e as auxiliares de biblioteca, para ver recoñecida a súa categoría profesional.

Nos últimos anos de crisis vense reducindo o número de bibliotecas en Galiza: hoxe 497 fronte ás 591 de 2006. Destas 497, só 122 permanecen abertas máis de 40 horas á semana. A maior parte, 258, abren entre 20 e 40 horas semanais, 76 o fan entre 10 y 20 horas e outras 41 son de acceso público menos de 10 horas cada semana. Porén, non descendeu o número de galegos e galegas que seguen demandando os servicios ofertados polas bibliotecas. Más dun millón de persoas, 1.023.283, son socias dalgunha destas entidades, o 38 % de la poboación.

Por outra parte, é coñecida a reivindicación estudantil de pedir más espazos de estudio nas bibliotecas e más horarios de apertura. Isto é así porque a maior parte das veces están saturadas, e aínda máis en época de exames, e os servizos existentes no cobren as necesidades. Isto non se pode consentir cando hai bibliotecas pechadas. Noutras partes do Estado español, como en Valencia, acadáronse reivindicacións de bibliotecas abertas 24 horas ao día en época de exames. Só é precisa unha maior loita para conquistar un servizo que poda satisfacer toda a demanda.

Ademais, o brutal ataque aos fondos das bibliotecas públicas mostra un total desprezo do goberno popular da Xunta polas inquietudes culturais do pobo traballador. Como parte dun proceso de elitización do ensino, non interesa que  xente teña acceso ao coñecemento a menos de que teña cartos para pagalo. Isto encaixa á perfección co modelo da LOMCE e a privatización progresiva da ensino universitario, que é profundamente clasista. O ensino superior soamente ao alcance duns poucos, e para o resto formación básica, precarización e explotación laboral.

De volta na Universidade, é curioso como en moitas materias de carreiras de carácter científico, ou doutros ámbitos, recoméndase mercar libros académicos para superar as materias. É máis, en ocasións os profesores afirman que sen este soporte é imposible aprobar. Fronte aos poucos exemplares que hai nas bibliotecas da Universidade, polos que compiten moitos, os libros teñen uns altos costes que moitos estudantes non se poden permitir. Aínda facendo fotocopias, a 3 céntimos por cara, o coste pode ser elevado, supondo ademais que é preciso obter libros de distintas materias para ter acceso a un ensino de mellor calidade.

Así, non soamente é preciso loitar pola reivindicación de máis bibliotecas e maiores horarios de estudo, se non que debemos de loitar pola redución drástica dos prezos das fotocopias a 1 céntimo por copia e de balde cando estean en relación cos estudos. Esiximos que haxa máis exemplares de libros académicos, de xeito que ningún estudante estea discriminado por razón de ingresos e poda acceder á formación de mellor calidade.

Segundo a CIG, o orzamento no ámbito educativo dende a chegada ao poder de Feijóo caíu en 1.900 millóns euros. A Consellería de Educación perdeu peso nas contas da Xunta respecto ao ano 2008, xa que pasou de supor o 27 por cento ao 21,3 por cento do orzamento total de este ano.

Ademais, el goberno del PP ten dado prioridade ás subvencións a ensino privado, que crecen este ano un 6 % e en máis de 3 millóns de euros. En comparación cos orzamentos da Xunta do 2001, as subvencións ao ensino privado creceu un 69 por cento ata acadar este ano os 273 millóns de euros.

No 2017 non se recuperou tampouco a perda de salario do profesorado. Os soldos dos altos cargos suben un 7 por cento, mentres que os do resto de traballadores públicos só un 2,3 por cento. Unha cifra, esta última, que se sitúa embaixo da inflación, e sumado aos recortes de anos anteriores non mostra melloría algunha.

A CIG tamén declara que a oferta de 109 prazas que se prevé de profesorado non será dabondo para cubrir as necesidades de docentes, xa que durante o curso pasado rexistráronse 761 xubilacións e dende o ano 2009 unhas 3.000. Ademais, a falta de persoal administrativo nos centros educativos fai que o profesorado teña que asumir estas funcións, e nos últimos anos o seus salarios teñen diminuído de 32.000 a 24.000 euros.

Así son as cousas na ensino público galego. Aínda que o goberno de Feijóo no aumentara a taxas universitarias, como si se fixo noutras partes do Estado español, o proceso de privatización e elitización progresiva do ensino segue adiante. Proceso que podemos observar na privatización dos servizos externos nas universidades, na redución da oferta de emprego público, na falta de medios e persoal nos centros públicos mentres subvenciónanse os privados, o recorte nas bibliotecas, ou a redución dos salarios dos traballadores  e un longo etcétera.

Mentres din que as prácticas non remuneradas nos levarán cara un bo futuro laboral, os altos cargos políticos en Galicia seguen cobrando máis de 7000 euros ao mes. Cando máis de 300.000 xoves galegos tiveron que emigrar dende o 2010 para buscar unha vida mellor, o goberno segue falando de pagar a débeda e da “senda da recuperación”. Á vez que despreza a cultura e lingua galegas, o actual goberno, galego e español, afonda nun modelo educativo que condena a millón á ignorancia e á explotación.

Por iso non nos conformamos coa situación previa a crise económica. Esiximos a gratuidade dos estudos universitarios de calquera rama. A derrogación da LOMCE, o 3+2 e Bolonia, e o resto de leis reaccionarias e o acceso universal á cultura e a información de calidade. Para iso é preciso enfrontar todos os ataques mediante un forte movemento estudantil en alianza co sectores de traballadores en loita, para conquistar todas as demandas.

Artigo previamente publicado polo autor em http://izquierdadiario.es/

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar