Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 22 Abril 2017 17:26

O negócio das farmacéuticas; principal obstáculo para a saúde mundial

Avalie este item
(0 votos)
Jacobo A Garcia

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

]Jacobo A. García] Recentemente fomos testemuñas do escandaloso caso da Hepatite C en Galicia, que se repite noutros países desenvolvidos. Pero non hai comparación cos países máis pobres, onde morren millóns por non poder pagar os medicamentos, cuxos prezos están inflados.


En Abril do año pasado coñecíamos que a Fiscalía imputaba a altos cargos do goberno galego por non administrar a tempo o medicamento da Hepatite C a 6 enfermos que acabaron perdendo a súa vida.

La escusa que declararon aos médicos que os receitaron, e presentaron numerosos informes e queixas, era que o medicamento era moi caro. Sabemos que isto é parte da verborrea dos gobernos comprometidos en pagar estritamente a débeda, e que ese medicamento era asumible polo Estado. Do mesmo xeito que tamén é certo que as farmacéuticas actúan xunto cos gobernantes para impor prezos abusivos aos seus novos produtos, aproveitándose daqueles que os necesitan para sobrevivir.

Neste senso, o colombiano Germán Velásquez, que abandonou en 2010 a Organización Mundial da Saúde (OMS) denuncia o control que nela exercen as grandes compañías farmacéuticas. Con motivo da Semana Galega de Filosofía, en Pontevedra, este ano dedicada ao tema da saúde, Velásquez foi o poñente principal da segunda xornada.

Velásquez destacou que grandes laboratorios foron gañando poder económico e político nas últimas décadas, rematando por seren "empresas financieiras que secundariamente producen bens de consumo que poden curar". Ademais, tamén destacou que a base do problema son as patentes, que se introduciron hai só 20 años nos produtos farmacéuticos, coincidindo coa fundación da Organización Mundial do Comercio.

“Nos dous últimos anos -afirma-… por primeira vez na historia hai un medicamento -o tratamento contra a Hepatite C- que os países máis desenvolvidos non conseguen pagar, ben sexan os seguros públicos en Europa Occidental, ben os seguros privados nos Estados Unidos. Isto xa é un problema global que afecta a todo o mundo.”

Debemos matizar que por máis que os países desenvolvidos non podan pagar o coste, o que acontece é que non están dispostos a asumir esas perdas, debido aos compromisos de débeda en Europa Occidental, e a que as compañías privadas nos Estados Unidos non poderían seguir aumentando os seus beneficios. Aínda así,  o fraude das farmacéuticas é de proporcións bíblicas.

Para facernos a unha idea, Gilead sacou o medicamento Sovaldi cun prezo de 84 mil dólares, cando o seu coste de fabricación real foi de 60 dólares. O Estado español chegou ao acordo de pagar 13 mil dólares por persoa despois dunha dura negociación. En países como Francia sitúase en 41 mil euros e en Alemaña 50 mil euros. Nos Estados Unidos a industria farmacéutica ten uns beneficios do 17%, mentres que o resto de sectores está como máximo no 3,1%.

Estas empresas xigantescas case sempre teñen a súa sede en paraísos fiscais e producen en países como Tailandia, onde os costes da mano de obra son moito menores. Extorsionan e chantaxean aos gobernos, que ben por coacción ou por pura corrupción acaban cedendo, coas penosas consecuencias para millóns de seres humanos. En moitos casos financian campañas electorais, comprando literalmente aos gobernantes, para obter leis ad hoc aos seus intereses.

Por outra banda a investigación privada deséñase soamente en función dos mercados de venta, e a optimización do beneficio. Non se se usan criterios como a prevalencia de enfermedades simplemente porque en moitos Estados, nin os gobernos nin as persoas terían cartos para mercar os seus produtos. O SIDA é unha enfermidade, que sen ter cura permanente, está controlada nos países ricos. Porén, nos países africanos segue a devastar á poboación. Así como con no caso do ébola, a malaria, a tuberculose ou outras. Só se produce para os países ricos.

En relación a isto, nas Facultades de Medicina, Farmacia, Bioloxía, Química, e en xeral en todas as ciencias biolóxicas, cada vez é maior a inxerencia de empresas privadas nas liñas de investigación. Como parte dun proceso privatizador do ensino universitario, os fondos públicos para a investigación cada vez son menores, sendo no Estado español endémicamente baixos.

As empresas privadas, e neste campo concretamente as compañías farmacéuticas e as compañías de produtos transxénicos “salvan” ás universidades do colapso económico, mais a cambio de condicionar os plans de estudo ao seus intereses económicos. Ademais, en Setembro do 2016 Bayer e Monsanto fusionáronse, sendo actualmente un conglomerado enorme que axunta ambos sectores, xestionados de xeito igualmente perverso.

Por outra parte, Velázques afirma que a OMS “cambiou substancialmente”, sufrindo unha “privatización alarmante”. “Hai 20 años- di- máis do 51% do orzamento dla OMS procedía dos aportes dos 194 países membros e hoxe estes fondos representan menos do 20 % dos ingresos da Organización”. A industria farmacéutica e fundacións privadas aportan o 80 % restante.

Así cremos que para parar a progresiva privatización da Sanidade a cargo das compañías de seguros médicos, as empresas subcontratas de xestión, as compañías farmacéuticas e os gobernos cómplices, só cabe unha solución. A nacionalización completa das compañías farmacéuticas sen indemnización e a competencia estatal de todas as liñas de investigación médica e científica en xeral, baixo control dos profesionais e técnicos.

É, polo tanto, preciso mudar as prioridades de dita investigación, adecuándoas ás necesidades sociais, e non ao lucro privado. Ademais, é imprescindíbel eliminar por completo o sistema de patentes, de forma que os produtos froito da investigación poidan ser fabricados libremente en todos os países do mundo.

Para poder alcanzar estes reclamos, é necesario un plan de loita continuada agrupando aos distintos sectores de traballadores e o resto de sectores explotados. Non pararemos ata conseguir un sistema sanitario que atenda ás necesidades, liberado das garras dos voitres das compañías de seguros e a industria farmacéutica.

Inicialmente publicado em izquierdadiario.es

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar