Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 02 Janeiro 2018 18:44

O teito de cristal "democrático" da conciencia de clase

Avalie este item
(2 votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A pesar dos clamorosos silencios dos medios de comunicación de masas, controlados como están polo gran capital financeiro, as loitas dos pobos e dos traballadores e traballadoras son un feito.


No últimos catro meses deste ano asistimos a grandes mobilizacións obreiras en Francia contra os plans de Macron, o comezo dunha revolución democrática en Catalunya e o Estado Español, a crise política e social de Honduras e as manifestacións obreiras arxentinas que conseguiron rexeitar o plan de Macri.

"A loita de clases existe", como afirmaba o financeiro Warren Buffet, e "vana gañando (eles)" porque teñen claro, son conscientes do seu papel na sociedade: son burgueses, son capitalistas; son os donos e xestores dos medios de produción, distribución e financeiros. E como burgueses que son, teñen pánico a que a clase obreira tome conciencia do seu papel, e do seu poder, na sociedade.

A burguesía subrogou o poder económico e político da aristocracia, cando destruíu o estado feudal; e fíxoo como clase explotadora. A revolución burguesa, de últimas, non foi máis que a substitución dunha clase explotadora por outra, aínda que isto significase un progreso cualitativo para a humanidade. A burguesía ao acabar coa propiedade feudal da terra falou "en nome dos dereitos universais de toda a sociedade", que era a maioría campesiña, e encabezou a súa revolución.

Por iso saben, porque son conscientes, de que se a clase obreira pasa dunha situación de clase "en si", a "clase para si", comezaría a levantar un proxecto social alternativo ao capitalismo, falaría en "nome dos dereitos universais de toda a sociedade".

O capitalismo na súa fase imperialista e decadente, levou á humanidade ao nivel máis alto de produción de bens e servizos posible baixo o seu dominio, e este nivel é o que xera a miseria na que viven miles de millóns de seres humanos. As crises humanitarias, de guerra, fame e seca, baixo o capitalismo non son froito das condicións naturais, senón das mesmas relacións sociais de produción que provocan a sobreproducción de alimentos, armas e megamineria, e que se basean na explotación do ser humano por unha minoría de "Warren Buffets".

O cambio climático, o rexurdimento masivo da escravitude ou a volta a formas de explotación da clase obreira decimononicas son o resultado directo desas relacións sociais de produción capitalistas.

Isto é o que temen os capitalistas, que a clase obreira, que constitúe o 70% da poboación activa mundial, tome conciencia do seu papel na sociedade, de que é unha clase social oposta polo vértice á clase propietaria dos medios de produción e distribución. Que esa toma de conciencia leve aparellada a construción dunha ideoloxía que en outubro de 1917, hai 100 anos, demostrou que se é posible desenvolver desde o poder político, co que isto supón, a destrución das relacións sociais de produción capitalistas e a construción dunha nova sociedade, sobre bases radicalmente distintas.

Para evitar esta toma de conciencia os capitalistas non só falan eles, os seus pensadores e técnicos, senón que contan con "quintacolumnistas" dentro do movemento obreiro que repiten, como papagaios, os mesmos mantras que desde os "think thank" e universidades xéranse, que se poden sintetizar na frase da principal neoliberal, M Thatcher, cando dixo que "non hai alternativa ao capitalismo".

Tras a caída do Muro de Berlín, e como un efecto central do acontecido, o muro caéuselle na cabeza a moitos deses que din falar en nome da transformación social, e deixounos "parvos". Frases como "o socialismo morreu", "o marxismo é cousa do pasado", ou como moito, "é unha teoría económica", "a clase obreira xa non existe", ou, no mellor dos casos, "é un movemento máis dentro doutros moitos movementos liberadores", son eses mantras que se repiten machaconamente dentro das filas da esquerda, e terminaron por calar.

A consecuencia política de todo este bombardeo ideolóxico é a cristalización dun teito de cristal democrático na conciencia da clase traballadora de practicamente todo o mundo. Como o capitalismo non deixa de ser un sistema explotador de seres humanos e espoliador de riquezas naturais, a loita de clases existe; só que a clase obreira actúa con ese "teito democrático de cristal", que lle impide ver que si hai alternativa ao capitalismo.

Pero toda gran mentira debe ter un elemento de verdade, senón seria incrible, é certo que o que caeu co Muro de Berlín non era, nin de lonxe, socialismo, senón sociedades non capitalistas pero dexeneradas burocraticamente que falaban no nome do socialismo. Hai que entender a forza desta mentira que calou tanto na conciencia das masas, ata o punto que este teito democrático de cristal é o principal freo para que a clase obreira do salto que lle permita enfrontar a raíz do problema, as relacións sociais de produción capitalista

Se a clase obreira non é capaz de romper ese teito de cristal, todas as súas loitas serán un eterno recomenzar, nas que irán substituíndo dirixentes burgueses ou pequeno burgueses por outros; mentres o capitalismo seguirá podrecéndose no seu propria crise.

A pregunta que xorde, inevitablemente, é de se é posible, ou non, baixo as condicións actuais do capitalismo ese salto entre "clase en si" a "clase para si". Obviamente de como se responda a esta pregunta, un sitúase baixo o teito de cristal, ou ten un programa e unha política para rompelo.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar