Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 02 Março 2018 00:32

Galiza rompe polas costuras: o municipalismo

Avalie este item
(0 votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

Nos últimos meses tanto en Vigo como na Coruña produciuse o mesmo debate; en Teis e Chapela loitaban por que a AP9 se convertera nun vial urbano, pois atravesa dous barrios densamente poboado.

Na Coruña, na antiga Nacional 6, actual Avda das Mariñas de Oleiros, veciños e veciñas de Perillo mobilizábanse pola "humanización" da Avda, que soporta un tráfico de 50 ou 60 000 coches e camións o dia, partindo o barrio en dous.

En Compostela este debate esta situado na relación entre Ames (Milladoiro) e a propria Compostela, polo sul, ou entre Sigüeiro e Compostela polo norte; pois nos feitos son zonas urbanas únicas que non son consideradas como tais, son municipios distintos que en moitas ocasiones, desenvolven os seus plans urbanísticos e de mobilidade un ás costas dos outros; como si non tiveran nada que ver.

Este debate pode ser trasladado perfectamente a moitas zonas da Galiza, onde a urbanización é un feito: a ria de Pontevedra, a ria de Arousa (norte e sul), a Mariña lucense (onde existe umha liña férrea en desmantelamento, e que podería ser a base dun servizo de cercanias), Valdeorras, etc. etc. Mas non se recoñece como tal, pois existe un cancro na Galiza que é localismo, o Vazquismo coruñés rexurde no caballerismo de Vigo, e a súa expresión progresista, o municipalismo, que non deixa de ser unha versión edulcorada do localismo dos primeiros, que fan plans como se non tiveran concellos casi integrados no seu municipio.

O feito é que, guste ou non, a urbanización da Galiza é un proceso acelerado. O que antes eran "accesos" como os mencionados de Teis, Chapela ou Oleiros, hoxe son avenidas centrais en zonas urbanas. No caso de Oleiros, da Avda das Mariñas, na realidade é que é a arteria central dumha zona urbana de 100 000 habitantes (Oleiros, Culleredo e Cambre), considerala "acceso" a Coruña é viver no pasado.

Galiza rompe polas súas costuras, os limites municipais. Algúns datos: o 70% da poboación activa galega vive, hoxe, en zonas urbanas ou periurbanas, e a maioría, mais de 2 millóns o longo desa fenda que é a AP9 e a vía férrea entre Vigo e Coruña, constituíndo umha "cidade difusa" cumha superposición anárquica de cidades, vilas, barrios, polígonos industriais e zonas gandeiras desenvolvidas.

O 40% desa poboación activa cambia de municipio para ir o traballo, que como non existe un plan de mobilidade racionalizado, supón que a maioría ten que colle-lo coche particular, o que supón umha media de 200 euros o mes que ten que detraer do seu salario. Por iso, e non por outra cousa, o prezo do combustible é tan alto, estamos secuestrados pola política da Xunta e dos concellos, de todas as cores, de construír mais estradas, ata o infinito, e fomentar deste xeito o uso do coche particular.

A fenda da AP9, e as súas peaxes, constitúen un duopolio coa liña férrea Vigo Coruña, que actúa como un cercanías, so que cos prezos dun media distancia, os seus horarios e servizos.

No interior, e en declive, a poboación tende ou ben a emigrar, ou ben a se concentrar nas cabeceiras de comarca, que son verdadeiras pequenas cidades na súa estrutura social. Porque, goste ou non, o capitalismo é unha sociedade urbana, que se basea no aumento da produtividade da traballo, sexa industrial, agrícola ou gandeiro; e do mesmo xeito que as innovacións tecnolóxicas na industria xeran o famoso "exercito de reserva industrial" (o desemprego), o aumento da produtividade na produción agrícola, se non existe un plan industrial alternativo, expulsa a poboación cara as zonas industriais.

Porque esta é o eixo da discusión: un plan alternativo ao desenvolvemento caótico da Galiza; que, non o esquezamos, non só é o capitalismo en abstracto, senón a forma concreta do capitalismo no Estado Español, centralista e nucleado ao redor das institucións do réxime do 78, duns concellos que non xurdiron de forma natural na Galiza, dunha superposición de institucións e estruturas que lle dan esa forma caótica.

Por iso Galiza rompe polos municipios; porque polas súas competencias restrinxidas a un núcleo de poboación, non respostan ás necesidade reais da estrutura galega. Por exemplo, para considerar "núcleo urbano" no Estado Español é preciso que sexan 15 mil habitantes no núcleo; moi ben... mas xurde a pregunta, eses 15 mil habitantes como teñen que estar agrupados xeograficamente, ao redor da praza maior ou a igrexa como en Castela, ou o longo de holómetros de estrada como na Galiza?

A lei é española, polo tanto, por suposto que é a forma castelán... Por elo, cando fan plans desde Fomento en Madrid sempre atopan o mesmo problema: casas onde non debería habelas, segue a súa lóxica.

Para que o desenvolvemento na Galiza sexa racional, e non como ate o de agora, caótico, é preciso romper co municipalismo; ou mellor dito, non vale esa máxima de "do local a o xeral". Non!, a lóxica ten que ser á inversa: do xeral, ou sexa as necesidades do conxunto da poboación galega, das súas necesidades reais de mobilidade para o traballo, para mercar ou para o lecer, e despois ir o local.

Os municipios, e a lóxica municipal, é hoxe umha rémora para o desenvolvemento da Galiza. De feito, mesmo nos sectores progresistas e de esquerdas que recoñecen esta obviedade, cando chegan ao goberno nos concellos son aducidos polo "vazquismo" ou o "caballerismo".

Porque non o dubidemos, se algumha forza política levantara coerentemente, e ate o final, a proposta de comarcalización real (areas metropolitanas, ou como se lles queira chamar), de romper coas ataduras dos municipios para planificar servizos de transportes colectivo e demais, o réxime do 78 non dubidaría nin un momento en atacar a esa forza política. A dominación da Galiza ten moito que ver con esa adución localista / municipalista da esquerda galega, e romper con ela supón enfrontar a Constitución do 78, que establece a división municipal e provincial.

E, mentres isto acontece, Audasa segue cobrando unhas peaxes de escándalo, as construtoras de infraestruturas esperando como auga de maio os orzamentos municipais e provinciais, e ADIF cobrando como media distancia o que é (ou debería ser) unha serie de liñas de cercanias. E a poboación galega vendo como os seus salarios vanse en combustible e mantemento do coche ou nun servizo de transportes que non é tal.

Galiza, 1 de marzo do 2018Nos últimos meses tanto en Vigo como na Coruña produciuse o mesmo debate; en Teis e Chapela loitaban por que a AP9 se convertera nun vial urbano, pois atravesa dous barrios densamente poboado. Na Coruña, na antiga Nacional 6, actual Avda das Mariñas de Oleiros, veciños e veciñas de Perillo mobilizábanse pola "humanización" da Avda, que soporta un tráfico de 50 ou 60 000 coches e camións o dia, partindo o barrio en dous.

Galiza, 1 de marzo do 2018

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar