Pero vista a situación, o goberno comeza a lanzar "globosondas" dun "superdomingo". Até nin niso o "españolito" pode ser orixinal; a imitación dos "super martes" das eleccións iankis, aquí invéntanse o "super domingo"
Pero este mimetismo con USA acábase no "super". O que para os norte-americanos é unha rutina electoral que levan a cabo cada catro anos, aquí é resultado dunha crise do réxime dun calibre monumental.
O réxime, acurralado pola corrupción do PP e as súas institucións, pola indecencia dunha "xustiza" neofranquista, polo desprestixio da súa principal institución, a Casa Real, da que non se fala "polo si ou polo non", e cuns partidos no goberno (o que está e o que lle apoia) incapaces de facer outra cousa que anunciar unha "subida" de 900 euros do SMI, vai tentar saír da lameira co "super domingo".
Mentres a extrema dereita comeza a sobreactuar, con agresións por todas as partes, reivindicando abertamente ao franquismo,... , xerando, así, unha situación de tensión - a estratexia da araña, chamábaselle nos anos de "chumbo" italiano, os 60/70-. Desta maneira, as clases medias e a pequena burguesía empobrecidas pola crise, e fartas de mobilizacións sociais, "estrañando" a placidez dos anos de paz social do bipartidismo, de tranquilidade para os seus negocios, envorcarán os seus votos nos partidos de "orde".
Non queren acabar coa democracia burguesa, sexamos claros, porque confundir á xente é tan canalla como o que está enfronte. A extrema dereita actual non necesita acabar coa democracia capitalista porque ninguén quere acabar co capitalismo. Só se alguén quixese acabar co capitalismo, os seus xefes (banqueiros e empresarios) dar carta branca, como paso nos anos 30 co fascismo, o nazismo e o franquismo.
Queren partidos que impoñan a orde,... dentro dos marcos dunha democracia capitalista; restrinxida, sen dúbida, pero democracia. Situalos no punto de mira, esquecendo o réxime democrático, monárquico e herdeiro do franquismo que lles dá acubillo, é desviar o obxectivo de que é o que hai que enfrontar.
A actuación das bandas da extrema dereita son o pau dunha política que tamén ten a súa "cenoria"; o "super domingo". Esta "cenoria" pretende disolver, máis se cabe, a suposta radicalidad dunha esquerda que cualificaron de "antisistema", e non é máis que a "pata social" do réxime; como os definiu hoxe na SER, o ministro Abalos.
Que a extrema dereita faga o que fai, é o seu; o raro sería que non o fixese... Pero hoxe os ataques á clase traballadora e os pobos, de conxunto, non só sobre algúns dos seus sectores, veñen do goberno e da Unión Europea.
A ridícula subida de 900 euros tapa a realidade de que toda a lexislación laboral de ZP e Rajoy seguen vixentes. Ligar as pensións ao IPC ocultan o Pacto de Toledo e que o ataque vén ás pensións polo Produto Europeo de pensións privadas. A "pretendida" saída da crise (estamos na "postcrisis" din os medios) oculta a sucesión de EREs que se están levando a cabo: Vestas, Alcoa, Citroen, CEMEX, etc.
O novo goberno é parte do problema, non da solución,... pero pode aparecer como parte da solución grazas aos quefaceres da esquerda posibilista, a que considera a política a "arte de facer o posible" non a "arte de facer o necesario".
Co "superdomingo" de que falan queren resolver o problema central que hoxe teñen, unha extrema dereita que ten tres cabezas, PP, Cs e VOX, representando ao capital máis corrupto, o que vive das contas do estado, as grandes construtoras, a industria do carbón, o aparello do estado instalado en Madrid, etc., e que perdeu posicións tras a saída de Rajoy do goberno; e unha dereita progresista, representada polo goberno de Sanchez, que quere facer o que Rajoy impediu, "modernizar" o Estado Español, co ministerio de Transición Tecnolóxica á cabeza, pechando térmicas de carbón e industria contaminantes, subindo o prezo de carburantes, etc. Que miles de postos de traballo estean en perigo, que os traballadores e traballadoras teñan que pagar máis por ir aos seus postos, é secundario... O importante é "modernizar" a economía: a última vez que o PSOE quixo "modernizar" a economía, a industria do estado español despareció ao servizo do capital aleman, francés, holandés, ... ; e só quedou o turismo.
Isto é o que divide á coalición Cs, PP e VOX da de PSOE-Unidos Podemos: no medio, a clase traballadora e os oprimidos sen unha voz propia.
O "super domingo" é o mecanismo da democracia capitalista, para resolver unha aguda contradición intercapitalista. Dito doutra forma, é a quintaesencia das eleccións burguesas; no canto de ir á guerra entre ambos os sectores, chámase á vía "pacífica" do voto. A poboación escollerá a quen lle vai a oprimir por outro catro anos, ou a dereita casposa e contaminante PP/Cs/VOX, ou ben a dereita progresista e "limpa" de PSOE, e os seus aliados de esquerda.
No camiño, tentarán desactivar todas as mobilizacións que hoxe atravesan o estado español; reintegrarlas na perspectiva electoral, chamado a que co seu "voto poderán cambiar as cousas"; apoiaranse na memoria de peixe que a sociedade española ten. Coa legitimadad que poden dar os votos, o sector do capital dominante terá as mans libres para desenvolver as súas politicas.
Fronte á basta manobra de querer lexitimar este regimen en despezamento, é preciso levantar un programa claro de "emerxencia social" e "nacional", que se concreta na esixencia da convocatoria dunha Asemblea Constituínte que garanta a resolución das necesidades sociais e politicas da poboación traballadora.
Eusebio Lopez