Publicidade

Diário Liberdade

Mostrando itens por tag: Angróis

Con bágoas de impotencia recibiron este luns as vítimas do accidente de Angrois, no que morreron 80 persoas, a admisión por parte de ADIF de que durante tres anos omitira “por erro” a entrega ao xulgado de documentación “relevante” para a investigación, segundo as súas propias verbas. Logo de reiteradas promesas de “transparencia” e “colaboración coa xustiza” dos máximos responsables de Fomento, Adif e Renfe, os afectados consideran que o agora ocorrido proba unha vez máis as súas denuncias de que o Goberno está a entorpecer a investigación.

Publicado em Galiza
Tagged sob
A Unión Europea considera que a investigación que o Ministerio de Fomento realizou do accidente do tren Alvia ocorrido o 24 de xullo de 2013 en Santiago, no que morreron 80 persoas e 144 resultaron feridas e do que culpou en exclusiva ao maquinista, non foi realizada “de xeito independente”. Así o di a Axencia Ferroviaria Europea nun informe que entregou este xoves coa mediación do BNG ás vítimas do sinistro e cuxa divulgación estaba prevista antes das eleccións xerais pero que foi adiado por petición do Goberno español. A importancia da opinión de Bruxelas, porén, é relativa xa que hai mes e medio a Audiencia Provincial da Coruña xa determinou, no auto co que reabriu a instrución xudicial do sinistro para pescudar posibles responsables máis alá do condutor, que a investigación de Fomento non pode ser considerada independente.
Publicado em Galiza

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar