Publicidade

Diário Liberdade

Mostrando itens por tag: comboio

Con bágoas de impotencia recibiron este luns as vítimas do accidente de Angrois, no que morreron 80 persoas, a admisión por parte de ADIF de que durante tres anos omitira “por erro” a entrega ao xulgado de documentación “relevante” para a investigación, segundo as súas propias verbas. Logo de reiteradas promesas de “transparencia” e “colaboración coa xustiza” dos máximos responsables de Fomento, Adif e Renfe, os afectados consideran que o agora ocorrido proba unha vez máis as súas denuncias de que o Goberno está a entorpecer a investigación.

Publicado em Galiza
Tagged sob

Um erro da ou do maquinista figura entre as causas de 11 dos 28 eventos que pudêrom terminar com acidentes ferroviários em diferentes países do Estado espanhol, e que o Ministério espanhol das Obras Públicas registou entre 24 de julho de 2013 e a data atual.

Publicado em Galiza
Tagged sob

O descarrilamento do comboio Celta no Porrinho, que provocou a morte de quatro pessoas e feriu outras 48, é o segundo acidente ferroviário de gravidade registado na Galiza nos últimos três anos. Por enquanto, as causas do sinistro som desconhecidas, mas o debate sobre a qualidade e segurança das infraestruturas ferroviárias da Galiza e Portugal está novamente aberto.

Publicado em Galiza

O Colectivo veciñal da Ribeira de Barallobre propon ao Concello de Fene a celebración dunha nova HOMENAXE polas VÍTIMAS do ALVIA  neste 3º Aniversario deste fatal accidente nas proximidades da Estación de S. De Compostela, lugar de Androis para o vindeiro domingo día 24 de xullo ás 20,30horas na propia Estación de Barallobre.

Publicado em Galiza
Tagged sob
A Unión Europea considera que a investigación que o Ministerio de Fomento realizou do accidente do tren Alvia ocorrido o 24 de xullo de 2013 en Santiago, no que morreron 80 persoas e 144 resultaron feridas e do que culpou en exclusiva ao maquinista, non foi realizada “de xeito independente”. Así o di a Axencia Ferroviaria Europea nun informe que entregou este xoves coa mediación do BNG ás vítimas do sinistro e cuxa divulgación estaba prevista antes das eleccións xerais pero que foi adiado por petición do Goberno español. A importancia da opinión de Bruxelas, porén, é relativa xa que hai mes e medio a Audiencia Provincial da Coruña xa determinou, no auto co que reabriu a instrución xudicial do sinistro para pescudar posibles responsables máis alá do condutor, que a investigación de Fomento non pode ser considerada independente.
Publicado em Galiza

Nas comarcas da Coruña (398 mil), Betanzos (39 mil), Eume (26 mil) e Ferrol (159 mil) viven máis de 600 mil persoas (470 mil só nos concellos atravesados pola liña de ferrocarril). Porén, entre Ferrol e A Coruña circulan tan só seis tres diarios (ningún entre as 8.45 e as 14.30), que tardan unha hora e cuarto en realizar un percorrido de 50 quilómetrosGalicia é a única comunidade autónoma costeira que non dispón de servizo de tren de proximidade, máis barato e con máis frecuencias que os rexionais ou de media distancia. Os últimos foron anos de recortes, falta de investimento, degradación do servizo e desmantelamento. Peche de estacións e redución de frecuencias que fixeron menos atractivo un modo de transporte limpo, barato e cómodo, que evita atascos e que ten éxito nos lugares de España e de Europa onde funciona de xeito axeitado.

Publicado em Galiza

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar