Hoxe 9 de maio fai exactamente un ano que sucedeu o tráxico incendio na nave central de Fandicosta. A dia de hoxe os organismos competentes (Xunta e deputación )non fixeron absolutamente nada en atallar as deficiencias que existen no ámbito das emerxencias e que ese dia se fixeron evidentes.
A actuación no voraz incendio que destruíu as instalacións da conserveira Fandicosta en Moaña non estivo exenta de polémica pola intervención de medios suficientes ou non para atallar o lume desde o seu inicio. Na provincia ourensá, as zonas que concentran máis naves industriais, e con maior risco por almacenar materiais tóxicos ou químicos, son o polígono de San Cibrao en Ourense, Xinzo de Limia, Verín e Carballiño. Que ocorrería se se presentase un incendio de grandes dimensións e con risco químico similar ao de Fandicosta nalgún polígono da provincia Ourensá?
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759