Publicidade

Diário Liberdade
Sábado, 21 Mai 2016 10:09

Um Fandicosta no sudeste galego?

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: MIBG

A actuación no voraz incendio que destruíu as instalacións da conserveira Fandicosta en Moaña non estivo exenta de polémica pola intervención de medios suficientes ou non para atallar o lume desde o seu inicio. Na provincia ourensá, as zonas que concentran máis naves industriais, e con maior risco por almacenar materiais tóxicos ou químicos, son o polígono de San Cibrao en Ourense, Xinzo de Limia, Verín e Carballiño. Que ocorrería se se presentase un incendio de grandes dimensións e con risco químico similar ao de Fandicosta nalgún polígono da provincia Ourensá?

Pois ben, a día de hoxe, tanto en igualdade de condicións se isto preséntase no polígono de Verín ou Xinzo de Limia só hai garantida a intervención de tres bombeiros. De pouco vale ter catro ou cinco vehículos contra incendios cargados de material se non hai quen os use. Cabe dicir que é tecnicamente imposible intervir con seguridade xa non só nun incendio industrial senón en calquera incendio urbano con tres efectivos. Este é o modelo, resultado da xestión privatizada, que precariza sobre todo en medios humanos que a Deputación de Ourense usa. Esta é a única Deputación galega que prefire continuar renunciando a un 30% do orzamento (21.225.956,48€) por seguir privatizando  Servizos de Bombeiros, penalizando aos cidadáns coas capacidades mermadas e interesadas de empresas privadas.

Se isto ocorre no Carballiño, a día de hoxe despois de máis de 10 anos segue pendente a apertura do Parque De bombeiros, deteriorándose polo paso do tempo e o cal a Deputación pretende privatizar instaurando así o modelo fracasado  de xestión que  só se aplica a tres parques da Provincia (Xinzo, Verín, Valdeorras). Obviamente cun Parque de Bombeiros pechado a resposta ante unha emerxencia sempre será excasa ou nula.

No mellor dos casos,  teñamos un “Fandicosta” en San Cibrao (Ourense), por disposición de medios, aínda que nos apena ter que corrixir a D. Luís Menor, director xeral de emerxencias en Galicia, lembrándolle que neste polígono hai un Servizo de Bombeiros moi insuficiente no que pode atopar a un só bombeiro de garda para toda incidencia, resultando canto menos curioso que este servizo do mesmo xeito que Bombeiros de Terras de Celanova sexan de xestión directa pública dependentes da deputación e nos que non se inviste para a súa mellora.

Con todo, a intervención recaería maiormente sobre os Bombeiros Municipais de Ourense por capacidade, que actuarían e actúan alí onde son requiridos, encontrandose hoxe por baixo da dotación mínima que garante a seguridade de todo o municipio, podendo a poboación sufrir simultaneamente outra emerxencia non podendo ser atendida, pero como vimos en varias ocasións e como en Moaña, prefírese mobilizar a servizos precarios, insuficientes  e inseguros que servizos públicos aínda estando máis próximos e mellor dotados para potenciar a falsa imaxe de que o sistema privado funciona.

Por isto agora as outras tres provincias galegas estudaron en profundidade os Servizos de Bombeiros e están a apostar firmemente polo cambio de xestión, directa e pública  segundo venzan contratos, por unha mellora constatada de recursos públicos na que non haxa tal disparidade e precariedade nas mesmos.

A Deputación de Ourense non está suxeito a contrato  hoxe e é a única con intención de non corrixir as deficiencias existentes sendo continuista na privatización dos servizos de Bombeiros, non aceptando a mellora que supón repercutir o 100% do orzamento nas emerxencias, achegando seguridade aos cidadáns que en definitiva son os que reciben o servizo.

A Xunta de Galicia non só segue omitindo a lei de emerxencias 5/2007 do 7 de maio onde lle obriga a ter un modelo homoxéneo en toda a comunidade autónoma e a elaborar o Regulamento do Bombeiro, senón, que fomenta o seu incumprimento sobre todo sendo coa Deputación de Ourense ca que máis participa ecónomicamente de Galicia, onde recibe o 62,5% do orzamento.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar