Durante a pasada fin de semana (25 e 26 de novembro), dous colexos e varias entidades sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e lagoas litorais, denunciando así a problemática ambiental do lixo mariño na V Limpeza Simultánea de praias e lagoas litorais.
O lixo mariño é unha das maiores problemáticas ambientais do planeta, provocando graves consecuencias sobre os ecosistemas mariños, así como numerosas mortes de aves, mamíferos e tartarugas. Estes animais poden verse atrapados entre o lixo ou morrer directamente pola inxesta dos propios residuos. Ademais, non só a nosa fauna vese ameazada, senón que moitos dos produtos vertidos ao mar conteñen substancias tóxicas e bioacumulativas que poden entrar na cadea alimentaria, rematando por provocar problemas de saúde na poboación. Por outra banda, os problemas asociados á presenza deste lixo nas nosas praias provoca numerosas perdas económicas, provocando a diminución da pesca e do atractivo turístico e recreativo das nosas costas, supoñendo un gasto enorme de limpeza para as administracións.
Os farmacéuticos inspectores, encargados da vixilancia sanitaria, advirten dos posibles riscos para a saúde.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759