Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 24 Novembro 2016 10:26

Amanhá começa a limpeza simultánea de praias e lagoas costeiras

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: Adega

O lixo mariño é unha das maiores problemáticas ambientais do planeta, provocando graves consecuencias sobre os ecosistemas mariños, así como numerosas mortes de aves, mamíferos e tartarugas. Estes animais poden verse atrapados entre o lixo ou morrer directamente pola inxesta dos propios residuos. Ademais, non só a nosa fauna vese ameazada, senón que moitos dos produtos vertidos ao mar conteñen substancias tóxicas e bioacumulativas que poden entrar na cadea alimentaria, rematando por provocar problemas de saúde na poboación. Por outra banda, os problemas asociados á presenza deste lixo nas nosas praias provoca numerosas perdas económicas, provocando a diminución da pesca e do atractivo turístico e recreativo das nosas costas, supoñendo un gasto enorme de limpeza para as administracións.                                                        

Esta problemática está intimamente relacionada cos modelos de consumo da nosa sociedade, que produce millóns de toneladas de lixo ao ano (preto duns 10 millóns) que rematan nos nosos océanos, procedentes tanto das industrias como da poboación en xeral, por unha mala xestión dos residuos que xeramos.

Por iso, os días 25 e 26 de novembro ADEGA convida a participar nunha xornada reivindicativa e de voluntariado contra o lixo mariño nas seguintes LOCALIZACIÓNS:

O día 25 de novembro, venres, realizaranse limpezas da man do I.E.S Fin do Camiño en Fisterra e do C.E.I.P Atios na lagoa da Frouxeira en Valdoviño, levando a cabo unha xornada de concienciación das rapazas e rapaces sobre a problemática ambiental do lixo mariño.

O día 26 de novembro realizarase unha limpeza simultánea en diferentes puntos do país coordinados localmente por diversos colectivos.

ADEGA convoca a todas aquelas persoas interesadas en colaborar coas entidades organizadoras. Está previsto a realización da limpeza en:

- Lagoa da Traba: limpeza encabezada pola asociación Senda Nova.

- Lagoa de Baldaio: limpeza encabezada pola Cruz Vermella de Carballo.

- Lagoa de Doniños: limpeza encabezada por ADEGA Ferrol.

- Xunqueira do Lagares e praia de Samil: limpeza encabezada por ADEGA Vigo.

- Lagoa de Louro: encabezada por ADEGA Compostela.

Convidan a todas aquelas persoas interesadas a contactar cos colectivos participantes nesta xornada de limpeza e achegarse as nosas praias e lagoas para, xuntas, conseguir un cambio de conciencia na sociedade e unha redución da presenza de residuos e do deterioro do noso litoral.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar