Nesta primeira quincena do mes de decembro, con temperaturas bastantes máis elevadas do previsto, estánse a producir novamente incendios forestais por toda Galiza.
Dacordo coa previsión establecida pola propia Consellería do Medio Rural nestes intres o operativo de extinción de incendios forestais está integrado por persoal laboral que ven traballando durante todo o ano, na cifra de 866 traballadores, persoal que non todo está destinado a labores de prevención e extinción de incendios, senón que tamén a labores administrativos. Concretamente os traballadores e traballadoras en traballos de extinción e prevención ascenden a 82 cuadrillas e outros 82 conductores de motobomba.
A CIG advirte que si Medio Rural tivese a dignidade necesaria para pór en marcha a cobertura de baixas laboráis, permisos e vacacións do persoal do SPDCIF os nosos montes non se verían afectados tal e como aconteceu en Silleda e está acontecendo en zona de Rede Natura no Macizo Central da provincia de Ourense. Estamos a ollar como en distritos forestais non hai ningún motobomba operativo e cuadrillas forestais con un ou dous traballadores, cando o número de integrantes de cada unha das cuadrillas ascende a sete membros. Reiteremos da nula planificación do dispositivo contra incendios forestais da Xunta de Galiza, corpo que chegou a ser declarado coma un dos mellores do Estado, e que cos dirixentes actúais dito crédito recoñecido estase a perder paulatinamente.
Con estes datos, que están recollidos nos libros de actas dos distritos forestais, a CIG denuncia "a prepotencia da propia Conselleira do Medio Rural, Anxeles Vázquez, ante as manifestacións que están recollidas nalgún periódico", onde comentou que ningún distrito forestal queda sen medios, aínda que éstes se ven reducidos en comparación coa época do verán (alto risco de incendios forestais). Pero a cousa non quedou aí: afirmou tamén que o persoal laboral de tres meses, dacordo co troco no regulamento (a conselleira descoñece que a normativa é un decreto de listas de contratación, por iso lle chama regulamento) poderán acceder a postos de nove meses. Ésta afirmación non é de todo correcta, xa que para que dito persoal poida ter dereito a un posto de máis de tres meses, primeiramente deberá renunciar ao seu posto de traballo (o esto conleva, no paro e sen cobrar ningún tipo de axuda económica) e logo quedar a expectativa da convocatoria para a cobertura temporal de prazas de nove ou doce meses. Si Medio Rural convocase contínuamente procesos de cobertura de vacantes, procesos de sustitucións con motivo de incapacidades temporais, permisos, licenzas e vacacións, podería darse a circunstancia de traballadores de tres meses escollesen a opción da renuncia do seu posto.
A CIG, polo tanto, entende necesario tomar medidas para erradicar os incendios forestais, medidas que deberán comenar por incorporar ao seu posto de traballo a todos e cada un dos traballadores e traballadoras, persoal fixo descontinuo de nove e tres meses que nestes intres están anotados nas listas do INEM, para conquerir desta volta unha recuperación do noso rural, encamiñado na limpeza dos núcleos de poboación, aproveitamentos dos montes, sen esquecernos dunha planificación forestal e territorial, conquerindo un rural como un medio vivo. Mentres a Xunta de Galicia non poña enriba da mesa os medios humanos e económicos para rematar cos incendios forestais os nosos montes seguirán sufrindo a peor da destrución posíbel.