Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 06 Junho 2018 21:11 Última modificação em Segunda, 11 Junho 2018 10:58

CIG suspende convocatória de greve geral e troca por Jornada de Mobilizaçom

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

Convoca unha xornada nacional de mobilizacións en todas as comarcas para o 19 de xuño “Pola recuperación dos dereitos XA”.

A CIG acordou este luns, día 4 de xuño, tras reunir os seus organismos de dirección: Secretariado e Consello Confederal, suspender a greve e chamar para a data prevista, 19 de xuño, a unha xornada nacional de mobilización con manifestacións en todas as comarcas baixo o lema de “Pola recuperación dos dereitos XA”. A central sindical retomará a convocatoria nos próximos meses “se o novo goberno do PSOE -e a correlación de forzas que o fixo posíbel- non derroga e anula todas as reformas que rouban, saquean, explotan e empobrecen á clase traballadora e ao conxunto do pobo galego”.

Así o anunciou esta mañá, en rolda de prensa, o secretario xeral, Paulo Carril, lembrando que a central sindical, cando convocou a greve xeral do 19 de xuño, concibiuna como a moción de censura -que outros non facían- da clase traballadora galega fronte á situación de emerxencia nacional, social, política e institucional, para conseguir a recuperación dos dereitos laborais e sociais roubados so pretexto da crise e demandar a fin dun goberno do PP que, en minoría parlamentar e cheo de corrupción actuaba con total impunidade.

O secretario xeral considerou que a caída do goberno do PP a consecuencia da moción de censura “é un primeiro paso que confirma a axeitada análise realizada pola CIG no momento da convocatoria” aínda que matizou que “somos conscientes, porén, de que o PSOE é responsábel e causante de moitas das reformas que padecemos, que xunto ás que aplicou o PP estes anos, lévanos á realidade de que ter un traballo ou unha pensión non nos permite vivir en condicións dignas”.

Por iso afirmou que “coa mesma responsabilidade coa que convocamos a greve xeral, hoxe acordamos suspendela uns meses, á espera de que se produza ese cambio nas políticas e se atenda a nosa táboa reivindicativa” e advertiu que “non imos esperar de brazos cruzados, senón que imos esixir coa mobilización os nosos dereitos, mesmo retomando a convocatoria de greve”.

Neste sentido acreditou en que “a mobilización e a loita da clase traballadora é a que pode conseguir vías alternativas que nos permitan vivir e traballar dignamente na nosa terra” e avanzou que a CIG condiciona a suspensión da greve “a que haxa unha recuperación real dos dereitos nos próximos meses".

Salientou que desde a CIG se apostou duro e con valentía por cambiar esta situación, “con toda a nosa capacidade de acción, pasando á ofensiva coa disposición de impedir que nos rouben tamén o dereito a loitar polas nosas condicións de vida e por un futuro digno” e considerou que “coa nosa loita temos contribuído á caída do goberno do PP, mentres que o resto dos sindicatos mantiñan unha actitude de conformismo e pasividade ou mesmo de colaboración, nalgúns casos, diante desta grave situación”.

Xornada nacional de mobilizacións

Por todo isto chamou á xornada nacional de mobilizacións para o vindeiro día 19 de xuño en todas as comarcas para exixir “un cambio inmediato de políticas” entre as que salientou a derrogación das reformas laborais “que nos empobrecen”; conseguir avances reais para as mulleres; defender as pensións públicas; rematar cos abusos da patronal; frear as políticas de recorte contra a xente desempregada; acabar coa privatización de servizos públicos; impedir o retroceso nas liberdades e dereitos fundamentais e conquistar o dereito a vivir e traballar dignamente na nosa terra.

JORNADA NACIONAL DE MOBILIZAÇONS - 19 DE JUNHO

Corunha: Praça de Vigo, 20h

Cee: Praça 8 de março 20h

Ferrol: Praça de Espanha, 20h

Compostela: Praça Roxa, 20h

Ponte Vedra: Praça da Ferreiría 20h

Vila Garcia: Casa do Mar, 20h

Estrada: Praça do Mercado, 20h

Vigo: A Doblada, 20h

Ourense: Edificio Sindical (Parque de San Lázaro), 20h

Lugo: Edificio Sindical (Ronda da Muralla), 20h

Burela: Local CIG (Avda. Arcádio Pardinhas), 20h

Monforte: Praça de Espanha, 20h

Pontes: Praça do Hospital, 19:30h

Póvoa do Caraminhal: Cantom da Lenha, 20h

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar