A comezos dos 90 nacía en Santiago de Compostela Radio Calimero, xa logo A Kalimera, que igual que o poliño negro escachaba a casca na procura de xustiza no feito comunicativo, democratizar a palabra, apropiarse dela. Durante estes anos foron moitas as persoas, as ideas, as músicas, os ruídos e as historias que viaxaron polas ondas da cidade a través da 107.9FM.
Tamén foron moitas as rúas e espazos polos que neste tempo transitou o estudio desta emisora rebelde: Vite, os barracóns do Burgo, a Casa Encantada, ... ata chegar nestes últimos anos ao Centro Social da Gentalha do Pichel. Nesta nova etapa a Kalimera múdase ao Centro Social Autoxestionado de Sar.
As obras desta nova peixeira, a necesidade dun novo equipo técnico e débedas pendentes son o que levan á Radio Kalimera a experimentar esta forma de microfinanciamento. Ademais de apoiar a radio e o seu proxecto hai recompensas ben gorentosas como kits de construcción de emisoras portátiles, libros, fanzines e cursos para asociacións ademais das tradicionais crachás, bolsas, chisqueiros, vasos e camisolas con novos deseños. A meta está en conseguir 3.735€ antes do 9 de xuño e o enderezo da campaña é http://goteo.cc/ondinhas