Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 18 Mai 2016 16:31

CIG denuncia que a Junta da Galiza iniciou o desmantelamento do CGAI

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Laboral/Economia, Cultura/Música, Direitos nacionais e imperialismo / Fonte: CIG-Autonómica

Nos últimos anos, a situación na que se atopa o CGAI, único arquivo audiovisual e filmoteca de toda Galicia, que alberga tódalas obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego, e ó tempo asume a responsabilidade conferida desde a administración autonómica do apoio á industria audiovisual galega, pode ser calificada de MÁXIMA GRAVIDADE.

Alén de dramatismos gratuitos, desde a CIG poñen en coñecemento da cidadanía, a situación que no momento presente vive o Centro Galego de Artes da Imaxe/CGAI que é, cando menos, certamente delicada.

Encadrado na Axencia Galega das Industrias Culturais/AGADIC, organismo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a supervivencia desta importante estrutura do aparato cultural institucional galego corre un serio perigo de desaparición, unha vez analizada a proposta de modificación da relación de postos de traballo do AGADIC enviada pola Xunta de Galicia ás centrais sindicais.

A formalización desta proposta inverosímil de axuste de persoal propiciada dende instancias da propia administración autonómica, suporía unha reducción de prazas de máis do cuarenta por cen do persoal co que o centro da coruñesa rúa de Durán Loriga chegou a contar para o seu normal funcionamento.

A situación de deterioro actualmente padecida pola filmoteca galega -que desde a súa fundación mantén a sede nos baixos da Casa da Cultura “Salvador de Madariaga” na cidade da Coruña- responsable por designación administrativa da recuperación, conservación e difusión do patrimonio fotográfico e audiovisual da Galiza, así como do apoio ao sector cinematográfico e audiovisual, non é produto da improvisación, nin nace no presente momento. A supresión da figura da bibliotecaria, coa conseguinte desaparición do servizo de consulta do seu completo fondo bibliográfico, ou a eliminación do servizo de préstamo do seu fondo audiovisual, do que se fornecía de modo principal o sector do ensino, así como a desaparición doutras tarefas desempeñadas por contratados laborais, constitúen un tan demorado como paulatino ACOSO E DERRUBE do Centro Galego das Artes da Imaxe por parte das propias instancias administrativas das que depende.

Á falta de reposto do persoal de programación da filmoteca que non foi cuberta, así como a de parte do resto de persoal anteriormente citado, súmase agora a tentativa de eliminación da metade do equipo de proxección cinematográfica, quedando así reducida esta función a un único proxeccionista, para as dúas quendas de mañá e tarde do centro, quen ademais, como enunciamos posteriormente, asume múltiples tarefas como responsable técnico da institución. A consumación desta drástica eliminación, que supón o 50% de redución de persoal laboral nesta área técnica, afectará drásticamente ó conxunto da programación do centro e ó resto das tarefas reflexadas.
A permanencia do CGAI, con apariencia de feito milagroso, débese realmente ó redobrado esforzo e dedicación do diminuído equipo de traballo que actualmente o conforma. As tarefas dos servizos de arquivo e catalogación (cada vez máis desatendidos como evidencian as torres de caixas e bobinas que se amorean ate o teito), a programación semanal, en dobre sesión diaria, en numerosas ocasións acompañadas de presentacións, conferencias, coloquios e outros eventos incluso musicais e da índole artística máis heteroxénea, coa presenza de importantes autores, etc... os ciclos de divulgación cinematográfica para os máis xóvenes, baixo o título de “CGAI Junior”, e as colaboracións con centros de educación en materia de cursos audiovisuais agrupadas en “Cinema en curso”, que eles sós representan a afluencia de máis de 2500 nenos/as e mozos/as ó ano... a maiores dos pases de prensa, de probas, de equipo de rodaxe para apoio ás diferentes producións audiovisuais en curso na Galiza, ademais dun longo etcétera de imprevistos.

Unha ampla e completa programación anual, que se traduce nun elevado número de proxeccións coa presenza de máis de dez mil espectadores/as , somentes resulta posible por mor da decidida entrega laboral do equipo de traballadores e traballadoras que co seu esforzo e dedicación suplen o atranco do seu reducido número e que agora a administración galega pretende recortar á mínima expresión.

Dende a CIG denuncian o camiño iniciado pola Xunta de Galiza que conduce ao desmantelamento encuberto do CGAI así como a incompatibilidade total desta proposta de recorte de persoal e de funcións co fin para o que foi creado o CGAI no seu momento, e que así se reflexa na presentación da súa páxina web, onde aparece, e citamos textualmente:

Creado por decreto 210/1989 do 5 de outubro da Xunta de Galicia, o CGAI inaugurouse o 15 de marzo do ano 1991, data desde a que vén desenvolvendo as súas actividades nos ámbitos do audiovisual e da fotografía de xeito regular:

As súas funcións no ámbito audiovisual, como institución responsable desde a administración autonómica, son:
A programación de proxeccións, exposicións, conferencias, publicacións, etc. co fin de proporcionar un maior coñecemento das artes da imaxe.
A recuperación, catalogación, custodia e difusión das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego.

Sería lamentábel confirmar que todos estes movementos respondesen a unha operación de peche encuberto ou privatización, como moitas veces advertiron e denunciaron na CIG, o que suporía un gravísimo -outro máis- magnicidio cultural.

Único organismo galego adscrito á Federación Internacional de Arquivos Fílmicos, o CGAI é hoxe, logo de 25 anos de vida, un centro de referencia no ámbito do Estado. Dende a CIG denuncian que a desaparición do CGAI ou a súa confinación a un mero organismo decorativo que é o que a Xunta pretendería con esta eliminación de postos de traballo, constitúe unha grave ameaza para a memoria histórica da Galiza e para a subsistencia do sector audiovisual galego.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar